Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro


 

A Rede panlatina de terminoloxía (Realiter) acaba de publicar o Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro, que foi elaborado no seo de Realiter baixo a coordinación do Office Québécois de la Langue Française do Québec.

O volume abrangue un total de 172 conceptos referidos ao comercio e á publicidade do libro, e presenta os termos correspondentes en oito linguas, sete delas románicas: francés, catalán, español, galego, italiano, portugués, romanés, e finalmente, inglés. Como o francés é a lingua de partida, o termo nesta lingua preséntase de primeiro e destacado, e acompañado coa definición tamén en francés. Todos os termos engaden entre paránteses informacións gramaticais agás o inglés, e nalgúns casos van acompañados de sinónimos. Os conceptos están numerados, de xeito que facilite a busca no índice xeral multilingüe que figura ao final.

fr    enfaçage (n. m.)
      Action par laquelle on présente des livres de face sur des tablettes.
ca  encarada (n.f.)
es  exposición (n.f.) [MX]
      exhibición (n.f.) [MX]
      expuestos (adj.pl.) [ES]
gl  exposición de cuberta (s.f.)
     encaramento (s.m.)
it   esposizione (s.f.)
     facing (s.m.inv.)
pt  empilhamento com a primeira capa para baixo (s.m.) [BR]
     exposição da capa (s.f.) [PT]
ro  plasare cu coperta la vedere (s.f.)
en  facing

A orixe do vocabulario reside nunha investigación terminolóxica do Office Québécois de la Langue Française e da Associatition des distributeurs exclusifs de livres en langue française, da que resultou o Vocabulaire de la diffusion et de la distribution du livre que foi publicado en 2005, unha obra bilingüe francés-inglés con definicións. Posteriormente a OQLF propúxolle aos socios de Realiter o fornecemento de equivalentes nas outras linguas románicas para este novo traballo que agora se presenta. A versión galega é unha achega de Manuel C. Núñez Singala e Xusto A. Rodríguez Río, do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

A Rede panlatina de terminoloxía (Realiter), creada en 1993 por iniciativa da Unión Latina e da Délégation générale à la langue française et aux langues de France, ten como obxectivo xeral favorecer un desenvolvemento harmonizado das linguas neolatinas, tendo en conta a súa orixe común e a utilización de modos de formación léxica semellantes. Conta con catro membros galegos, relacionados por orde de entrada: o Servizo de Normalización Lingüística da USC, o Servizo de Terminoloxía Galega TERMIGAL, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega. Con este Vocabulario panlatino da difusión e da distribución do libro son xa 13 os repertorios terminolóxicos de Realiter que se arrequentan con equivalencias galegas:

  • Léxico Panlatino de Terminoloxía do Ambiente
  • Léxico panlatino de Internet
  • Léxico panlatino do comercio electrónico
  • Neologismos económicos en las lenguas románicas a través de la prensa
  • Vocabulari del genoma humà (Biotecnologia 2)
  • Vocabolario di emodinamica
  • Léxico panlatino de bioética
  • Lexique panlatin de la géomatique
  • Lexique panlatin des chariots de manutention
  • Léxico panlatino de Biotecnologia e Cultura de tecidos
  • Léxico panlatino da gripe aviaria
  • Léxico panlatino da nanotecnoloxía
  • Lexique panlatin de la diffusion et de la distribution du livre

Ademais de en forma de libro, todos eles se poden descargar en formato PDF a través da páxina web de Realiter, así como consultar a través da base de datos multilingüe da USC, bUSCatermos.

 

M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Mércores, 28 de abril de 2010