Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Un idioma preciso, de Xusto A. Rodríguez Río

Se hai algo que diferencie a linguaxe popular da empregada habitualmente nas comunicacións técnicas e científicas é a súa precisión. Se o común das persoas, para referírmonos a eses legumes brancos que lle botamos ao caldo ou á fabada, dicimos feixón ou faba, un especialista probablemente as denomine como faba loba ou chícharo bravo, dependendo da variedade de que se trate e da situación. En todas as linguas é posible denominar con precisión, mediante termos específicos, todos os conceptos que cumpra, e por suposto, tamén os científicos. Ás veces hai que adaptar as denominacións dos achados científicos e técnicos feitos noutras linguas, sexa a través de neoloxismos ou a través da habilitación de termos que xa existen no idioma, actualizándoos. A necesidade é común á maioría dos idiomas, e os problemas e procedementos tamén se utilizan en todas as linguas, incluída a nosa.

 

Un idioma preciso nace no ano 2002 como proxecto de presentación, discusión e difusión das propostas de solucións terminolóxicas que ían aparecendo nos traballos diarios de corrección de textos científicos e de resolución de problemas terminolóxicas do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Pensando en ampliar o máis posible a diana de público obxectivo, evitouse empregar unicamente o sitio web do SNL e apostouse por un espazo científico, aceptando o convite dun medio de divulgación da ciencia galega, en galego e a través de Internet, CanalCiencia. Este foi o espazo en que Xusto Rodríguez Río, técnico da Área de Terminoloxía do SNL, comezou a publicar as súas precisións, e  polo que resultou finalista do premio ao autor do ano Xosé María Álvarez Blázquez 2006. Alí foron aparecendo dúas achegas ao mes ata finais de 2008, en que o boletín dixital de novas científicas en galego deixou de emitir. Dende entón Un idioma preciso acubillouse no web do SNL e no propio Cartafol Dixital, e imos xa polas 137 precisións.


Un idioma preciso naceu e segue vivindo na Rede; mais agora contamos tamén coa publicación en formato papel das 100 primeiras precisións, grazas a 2.0 Editora. Como no proxecto nai, cada precisión devén un pequeno estudo en que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e que propón, matiza ou corrixe denominacións en galego para eles. Trátase dun libro que se presta a ser lido de corrido grazas á redacción sinxela, amena e pedagóxica que emprega Xusto Rodríguez, que ademais non foxe do humor e a retranca, como xa indican os títulos de moitas das súas precisións: “Na defensa do medio ambiente... ou do ambiente enteiro?”, “Onde se mercan os reloxos de seixo?”, “O xirasol que dá patacas...”, “Cando os webs se sindican, poden ir á folga?” ou “Tiburóns nas augas do galego”.


Ao lermos Un idioma preciso descubriremos a través de argumentos científicos que, por exemplo, palabras como tiburón e quenlla non son sinónimos absolutos, e que convén empregar tiburón como xenérico para unhas 300 especies e quenlla para se referir á especie Prionace galuca, da que é o nome patrimonial galego. Tamén nos decataremos da cantidade de anglicismos que temos instalados nas nosas vidas – mobbing, feed-back, stress, e-learning, rack, coaching... e aprenderemos como evitalos.


Moitas son as áreas de coñecemento que se tocan neste volume -bioloxía, economía, dereito, astronomía, enxeñaría química, medicina, psicoloxía, arquitectura...-, en ocasións traídas por cuestións de actualidade no momento en que se redactou a precisión, como “Habemus papam”, a raíz da morte de Xoán Paulo II.


En definitiva, Un idioma preciso axuda a comprender os mecanismos de creación de léxico en galego -idénticos aos de calquera outro idioma-, e a validez da nosa lingua -a de calquera lingua- para a comunicación de carácter científico.

DUARTE ROMERO, M ISABEL VAQUERO QUINTELA

Luns, 22 de marzo de 2010