Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Nova Escola Galega e a lingua. 25 anos na defensa do idioma.

Cando unha asociación cumpre 25 anos, sempre adoita facer algo especial para celebralo. O movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega non vai ser menos. Ao cumpriren o cuarto de século no ano 2008 editaron unha publicación titulada 1983-2008. Memoria e proxecto. Alicerces para mañá. Mais non remataron aí as ganas de festexar as vodas de prata. Hai uns poucos meses decidiron lanzar ao prelo un libro dedicado a un dos piares fundamentais de NEG: a lingua galega. Deste xeito aparece Nova Escola Galega e a Lingua. 1983-2008. 25 anos na defensa do idioma, unha obra que analiza retrospectivamente a evolución do proceso de normalización lingüística en diferentes eidos.

A publicación está dividid en tres grandes bloques. No primeiro, diferentes persoeiros referenciais  na cuestión do idioma dan a súa visión persoal e profesional sobre determinados aspectos. Podemos atopar as sinaturas de Carme Hermida, Henrique Monteagudo, Agustín Fernández Paz, Goretti Sanmartín, Xosé Manuel Sarille ou Anxo Lorenzo, falando de temas tan diversos como a evolución da calidade da lingua, a súa situación no ensino ou as políticas de normalización nos concellos.

No segundo bloque recóllese a resposta que diferentes entidades sociais lles deron a catro preguntas formuladas por NEG a respecto da normalización lingüística. Malia  solicitárselles a colaboración a trece entidades de diverso tipo,  só cinco responderon ao chamado de NEG: o Consello da Cultura Galega, a AS-PG, a CIG, CC.OO. e o STEG.

Na derradeira parte da obra recóllese un anexo documental con diferentes achegas que NEG fixo nos 25 anos da súa historia. Desde o texto de referencia “Un modelo de normalización lingüistica para o sistema educativo galego” de 1988, no que se plasmaba o proxecto normalizador desta asociación, de profesionais da educación en Galicia até o posicionamento sobre a “Cuestión lingüística” de 2009, podemos comprobar a permanente historia da defensa de lingua de Nova Escola Galega.
 

Duarte Romero Varela

Luns, 22 de febreiro de 2010