Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Dicionario galego das TIC

Nos últimos días do pasado mes de decembro a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia presentaron unha publicación que está chamada a converterse nun dos dicionarios galegos de referencia no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Referímonos ao Dicionario galego das TIC (DiGaTIC), un traballo elaborado por esas dúas institucións, avalado pola Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo no plano técnico, e pola Real Academia Galega no lingüístico, e que recolle máis de 4000 termos de ambas as dúas áreas de especialidade. Para cada un deles ofréceselle ao usuario tanto información de tipo técnico (definición, clasificación temática e outros datos complementarios) como lingüístico (denominacións en galego, castelán e inglés -e nalgúns casos tamén noutras linguas-, información gramatical, sinónimos...).

Todo este volume de información pode consultarse de tres xeitos diferentes:

  1. segundo a orde alfabética das entradas en galego
     
  2. segundo a clasificación temática realizada polos autores, que nos permite descubrir todos os termos incluídos baixo a mesma epígrafe
Cómpre aclarar que a esta clasificación non se pode acceder desde a páxina inicial do Dicionario, senón que hai que entrar a través do Mapa web, ou ben desde o interior dunha ficha completa, calcando sobre a área temática para ver todos os termos asignados a esa mesma área.
  1. consultando por unha palabra ou palabras concretas en calquera das linguas de traballo
O motor de busca que o Dicionario leva incorporado realiza as procuras sobre todos os campos de cada un dos rexistros, e non só sobre aqueles en que se recollen as denominacións nas distintas linguas. Deste xeito, se buscamos unha forma como "informática", o resultado que se nos ofrece é tan amplo coma este.

Como era previsible tendo en conta as áreas a que atende, unha parte considerable do traballo céntrase na análise e no tratamento das ducias de anglicismos que inzan a documentación especializada en todas as linguas occidentais.

Por iso, sorprende especialmente a ausencia de calquera información sobre os as pautas de elaboración, sobre as fontes especializadas consultadas, ou sobre os criterios seguidos para elixir as denominacións recomendadas en galegos. Unha explicación das razóns que levan, por exemplo, a aconsellar correo lixo como equivalente galego do inglés spam, pero a propoñer o uso de spammer para a persoa que 'envía correos masivos'; ou a colocar fiestra como denominación prioritaria cando a maior parte do software localizado ao galego emprega xanela como forma habitual; unha xustificación de decisións coma estas -diciamos- parece especialmente necesaria cando o Dicionario se presenta avalado coa autoridade da Real Academia Galega.

Pola contra, si se nos ofrece unha amplísima información -ata parece excesiva- sobre as condicións legais de uso do produto, sobre a propiedade intelectual dos contidos e sobre as restricións existentes á súa reutilización. O que volve sorprender se o comparamos coa ausencia total de datos sobre a identidade dos autores e autores, máis alá dunha mención xenérica a un "conxunto de tecnólogos das TIC, deseñadores de aplicacións, docentes, lexicógrafos, etc…".

Xa que logo, é unha mágoa que a calidade que se lle supón ao Dicionario, tanto polo volume de información que recolle como pola participación coordinada de organizacións do ámbito profesional e do lingüístico, non vaia acompañada dunha información complementaria que xustifique as decisións tomadas, e dunhas condicións de acceso menos restritivas.

 

 

XUSTO RODRIGUEZ RIO

Mércores, 13 de xaneiro de 2010