Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Neste nadal, agasalla con argumentos a prol do galego

en_galego_por_que_non-205x300
En galego, por que non?

Durante o pasado ano 2008 as posturas contrarias á normalización do galego non só conseguiron un considerable impacto mediático, senón que apenas recibiron unha contestación pública.

Pola contra, o ano que agora imos pechar semella o do espertar: ademais do agromar de numerosas iniciativas, asociacións, manifestacións e pronunciamentos, o mundo das publicacións arrequentouse con varios títulos que apoian desde diversas posicións e perspectivas a política de normalización lingüística e a súa progresividade.

A principios de 2009 Goretti Sanmartín, profesora e directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, viu publicado por Xerais Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Trátase dun ramallete de contributos: á historia da sociolingüística galega, á reflexión sobre a política lingüística do goberno bipartito, á discusión sobre o discurso bilingüista e plurilingüista, e á defensa da lingua a través da reivindicación da súa calidade.

Entrando no verán Laiovento deu a lume a obra colectiva Sobre o racismo lingüístico, no que participan profesores universitarios como Pilar García Negro, Manuel Ferreiro, Freixeiro Mato, Sánchez Rei, a dita Goretti Sanmartín e Celia Armas García, así como o xuíz Luís Villares e o político Francisco Rodríguez. A tese de que a estratexia excluínte que algúns sectores profesan contra o galego, o catalán e o vasco é unha manifestación de racismo lingüístico; a historia do galego ligada á historia de Galicia como explicación da súa situación actual; o proceso de deturpación da onomástica galega; a inconstitucionalidade da segregación do estudantado por razón de lingua... son algúns dos contidos deste volume, pensado para lle dar a volta, dende unha perspectiva nacionalista, á cacarexada afirmación sobre a imposición do galego.

A contestación a aquela opinión que deu título hai anos a un estudo sociolingüístico de Ana Iglesias Falar galego, no veo por que, chegou dalgún xeito co final das calores do verán : En galego, por que non? O subtítulo da obra de Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, xa ofrece un conveniente resumo: Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. En efecto, a través de exemplos doados de seguir e entender, derrúbanse prexuízos e simplificacións sobre a lingua galega: lingua bruta, perda de tempo, mala educación, pouca calidade, imposición, lingua minoritaria... Aínda que está pensado para rapaces e rapazas de educación secundaria, ha ser sen dúbida unha importante fonte de argumentos para todas aquelas persoas que que defenden o galego e a diversidade lingüística.

E finalmente o profesor de sociolingüística da USC Henrique Monteagudo publicou en Galaxia na cerna do outono As razóns do galego. Apelo á cidadanía, un mangado de follas en que toma o pulso da actualidade lingüística en Galicia nos últimos anos. Recolle artigos e outros escritos publicados e sen publicar, así ocomo parte das súas colaboracións semanais no xornal El País. Mais as súas achegas non fican só no momento e na polémica, senón que fan parte dunha reflexión fonda e rigorosa -compártase ou non- sobre o estado actual de Galicia en relación co galego e co castelán.

Nas anteditas catro obras atoparán os lectores e lectoras argumentos para teceren un fermoso discurso cheo de argumentos a prol da nosa lingua. Poucos agasallos haberá mellores para este nadal... e para o resto do ano.

 

Xoves, 17 de decembro de 2009