Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

EuroComRom: As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas

Sabela Labraña, I.; Vázquez; H.G. Klein; T.D. Stegmann (2009) EuroComRom: As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas, Aachen: Shaker Verlag
 
A intercomprensión europea vai por familias
 
Na Europa actual, dende Galicia ata os Urais, fálase unhas cento vinte linguas das máis diversas familias. Esta riqueza algúns vena como unha pexa: os aproximadamente 728 millóns de cidadáns europeos non nos entendemos, e este feito casa malamente coa cacarexada unidade (especialmente, de mercado). A solución máis simple semella a aprendizaxe doutros idiomas, que, na práctica e de xeito maioritario, se reducen ao inglés. Mais esta opción resulta contraditoria cos principios da Unión Europea en relación coa necesidade de salvagardar a riqueza cultural e lingüística de Europa, e ademais supón un esforzo moi grande para adquirir as competencias activas noutros idiomas.
 
Porén, a outra opción é a intercomprensión europea. Trátase neste caso de apostar non tanto pola adquisición de competencias activas (expresarse), moi custoso, senón fundamentalmente pola adquisición de competencias pasivas, moito máis doadas de conseguir, de varias linguas simultaneamente, aproveitando que son dunha mesma familia lingüística.
 
EuroCom (Eurocomprensión) é un método de aprendizaxe de linguas europeas baseado na facilidade de intercomprensión dentro das tres grandes familias lingüísticas, a eslava, a xermánica e a románica, aproveitando as semellanzas entre os idiomas dun mesmo grupo. Deste xeito, unha persoa que fale unha lingua románica, como o galego, pode con moi pouco esforzo chegar a entender textos estándar doutra lingua emparentada que nunca estudaron. E os galegos teñen aquí unha vantaxe importante, pois parten xa do coñecemento de, como mínimo, dúas linguas románicas.
 
EuroComRom- Die sieben Siebe Romanische Sprachen sofort lesen können (2000) foi a primeira publicación xurdida a partir deste método, cuxo obxectivo é aprender a entender textos doutra lingua románica que nunca estudaron baseándose en procesos dedutivos. Logo publicáronse versións en romanés, italiano, inglés e catalán, e agora aparece As sete peneiras, a versión galega deste método que ademais inclúe a nosa lingua como obxecto de aprendizaxe xunta cas anteriores.
 
 
As sete peneiras
 
La formazione permanente rappresenta un elemento chiave non solo ai fini della competività e dell’occupabilità, ma anche dell’integrazione sociale, della cittadinanza attiva e dell’autorealizzazione dei cittadini.
 
Calquera galego/a de nivel universitario é quen de comprender minimamente de que vai o anterior texto escrito en italiano, aínda que nunca estudara esta lingua. Somos quen de recoñecer a maioría das palabras (formazione, permanente, rappresenta, chiave...) e activamos os nosos coñecementos extratextuais sobre cuestións de política educativa. Se poñemos en funcionamento os nosos coñecementos lingüísticos noutros idiomas, decatámonos do que representan os apóstrofes diante de vogal (como en francés, por exemplo), do plural en –i (como en spaguetti) e somos quen de recoñecer os artigos. Se cadra escápasenos o que significa ma anche, mais énos sobradamente coñecida a construción non solo..., e sabemos que esixe un segundo termo (non só... senón que),.
 
Cantas máis linguas se aprenden, máis facilidade se ten para aprender outras novas. Se se trata de linguas da mesma familia, é evidente a vantaxe que supón poder recoñecer inmediatamente palabras e correspondencias gramaticais. E isto é aínda máis doado na lectura de textos escritos.
 
EuroComRom. As sete peneiras comeza precisamente por demostrar que sabemos moito máis do que pensamos cando nos enfrontamos a un texto noutra lingua románica que nunca estudamos, e propón unha estratexia de lectura baseada na deducción a partir de sete peneiras, que contan con cadanseu capítulo: o recoñecemento do vocabulario internacional, o vocabulario panrománico, as correspondencias fónicas entre os idiomas románicos, as grafías e pronuncias, as estruturas sintácticas panrománicas fundamentais, os elementos morfosintácticos e os afixos. Remata con minirretratos das linguas tratadas (catalán, español, francés, galego, italiano, portugués, romanés), para podermos coñecer as súas características específicas máis polo miúdo.
 
O volume, moi ameno de ler, está inzado de exemplos e textos de todo tipo nos sete anteditos idiomas (así como con referencias ao occitano e ao sardo), que se verten ao galego con explicacións abondosas e seguindo o método proposto. Tamén conta con innumerables pequenos apéndices de consulta.
 
A chata que cómpre apoñerlle a As sete peneiras é o pequeno do tamaño de letra. Esta, e non outra, é única pexa para a lectura dos textos en sete linguas románicas que nos propoñen.

 

Venres, 30 de outubro de 2009