Pasa a folla

O Ximnasio dos Verbos

Venres, 02 de xuño de 2017

Xerais Básicos Ciencia

Mércores, 29 de marzo de 2017

A lingua na educación infantil

Mércores, 14 de decembro de 2016

Novas normas UNE en galego

Martes, 31 de maio de 2016

Informe de educación infantil 2015

Venres, 18 de decembro de 2015

Dicionario Multilingüe da Ciencia do Solo

Mércores, 28 de outubro de 2015

Modelos de lingua e compromiso

Mércores, 04 de marzo de 2015

Censo de poboación galego 2011 e lingua

Xoves, 30 de outubro de 2014

GCiencia, ciencia galega

Xoves, 20 de febreiro de 2014

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Venres, 29 de novembro de 2013

Termos esenciais de dereito civil

Martes, 30 de abril de 2013

Normas UNE en galego

Venres, 15 de febreiro de 2013

Termos esenciais de dereito internacional

Venres, 21 de decembro de 2012

Vocabulario forestal (galego-español-inglés)

Venres, 28 de setembro de 2012

Dicionario Moderno Inglés-Galego

Luns, 02 de xullo de 2012

Dicionario xurídico galego

Martes, 06 de marzo de 2012

Dicionario de química

Martes, 24 de xaneiro de 2012

Ecolingüística: por unha lingüística con ética

Mércores, 07 de decembro de 2011

Meubook: máis ca unha libraría en liña

Luns, 04 de xullo de 2011

Cartografía dos apelidos de Galicia

Martes, 03 de maio de 2011

Dicionario galego de pedagoxía

Xoves, 24 de marzo de 2011

Dicionario de Arte

Luns, 28 de febreiro de 2011

Vocabulario panlatino de material de oficina

Martes, 01 de febreiro de 2011

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Martes, 02 de novembro de 2010

Dicionario galego das TIC

Mércores, 13 de xaneiro de 2010

Un Gran Xerais enriba da mesa

Luns, 30 de novembro de 2009

Un Gran Xerais enriba da mesa

Se o que le isto entrase no meu despacho no momento en que estou a escribir, vería que enriba da miña mesa está o Gran Diccionario Xerais da Lingua (ed. 2000). Creo que leva enriba da miña mesa desde que saíu. Sempre me pareceu unha ferramenta básica. Mesmo diría que, de ter que escoller unha obra do repertorio lexicográfico galego, elixiría esta: case cen mil entradas de palabras estándares, variedades e formas incorrectas e un formato axeitado, son bos argumentos. En Xerais parecen sabelo e no seu folleto de promoción aparece en letra ben grande: unha lingua, un dicionario.

Desde 2000 aconteceron moitas cousas. Pasaron case dez anos e neste tempo, á parte da entrada do euro das nosas vidas e do temido efecto 2000, houbo en 2003 un cambio normativo que avellentaba, de súpeto, os dicionarios publicados ata ese momento. Os dicionarios non valían para saber como se escriben as palabras –dúctil ou dútil*– e a maior parte das editoriais foron renovando os seus produtos lexicográficos. Agora tócalle a quenda á obra de referencia de Xerais e, aínda sen telo na man, non nos resistimos a facermos un achegamento a esta obra e valorarmos se paga a pena pagar algo máis redor de cen euros por ela. A análise que vos ofrecemos merece outra máis fonda; non é máis ca unha primeira toma de contacto. O uso posterior seguro que vai matizar as primeiras impresións, pero de certo que ha de haber características que ratificarán esa análise que agora facemos.

De entrada

Sabedores de que é a súa obra de referencia, a Editorial Xerais comezou a promocionar o seu novo dicionario a través da Rede e con folletos en librarías. No seu blog promocional din así: [o dicionario supón] “Unha contribución transcendental á normalización e fixación dunha lingua”. Parece esaxerado de máis; transcendental pode ser, por exemplo, un decreto do ensino, un dicionario, non.

Na presentación tamén sorprende outra cousa. A diferenza dos coches, que perden valor segundo se retiran do concesionario, este é un produto que se revaloriza. O prezo de lanzamento é de oitenta euros, pero só ata finais de ano. A partir de xaneiro de 2010 sobe ata os 110 euros. Se se pensa como agasallo no Nadal, será mellor compralo para Noiteboa que para Reis. A diferenza en relación á competencia está no prezo. O dicionario de Ir Indo ten 65 mil entradas e custa noventa e oito euros, e o Gran dicionario século XXI do Cumio, con 80 mil entradas, custa cincuenta e oito euros.

O dicionario

Nesta edición o dicionario actualízase normativamente, aumenta en cinco mil o seu número de entradas –un 5% máis ca o anterior– e aumenta en catrocentas páxinas o seu volume –o que supón un 20% máis–. Esperemos que isto se traduza nun deseño menos cargado e unha tipografía máis lexible. Pero o cambio formal máis importante é que agora se presenta en dous volumes. Tendo en conta que a vocación deste dicionario é ser unha obra de consulta que debe pasar a maior parte nun andel dun despacho ou enriba dunha mesa, isto non debe supoñer desvantaxe ningunha.

Pero os autores da obra fixeron algo máis que recompensa a compra a obra. Non se conformaron con adaptaren o texto á nova normativa e con aumentaren o dicionario nunhas cantas entradas: introduciron información fonética e etimolóxica nas entradas estándares. A quen lle pode interesar esta información? Xustamente aos clientes potenciais desta obra. Porque este non é un dicionario para levaren os nenos á clase na mochila. Tampouco vai ser a obra de consulta que merque unha familia . É unha publicación que nace coa intención de ser a obra de referencia entre os centros de ensino e os servizos lingüísticos do país.

 

BACHAREL [bat°Sa"|El] s.m. 1. [No sistema de estudos da
Idade Media e Moderna] persoa que recibía o primeiro
grao dos estudos universitarios. 2. Persoa que acadou o
título de bacharelato por rematar os estudos secundarios.
ETIM. fr. ant. bacheler ‘mozo que aspira a ser cabaleiro’.

 

Imos facer unha miniproba sen rigor científico, pero curiosa, para ver como definen. Vou consultar un lema que coñezo ben para ver como se define en relación con outras obras de referencia: o DRAG e o Dicionario de Galego Ir Indo . Imos comparalo tamén coa definición que dá o DRAE. Xa sei que é un dicionario “de la lengua española”, pero o termo escollido é bote, e, probablemente, esta embarcación évos moi parecida en Luarca e en Ribadeo.

DRAG

Bote2s.m. Embarcación de pequeno tamaño que xeralmente se move a remos. obs. En termos mariñeiros o bote distínguese dos outros tipos de embarcacións pequenas; nalgúns lugares recibe este nome o que é máis grande e máis pesado cá gamela ou a chalana, noutros chámase así o que ten dúas proas…

IR Indo

Bote2m. 1 Embarcación de pequeno tamaño con remos. 2 mar Embarcación de ata oito metros de eslora, que se caracteriza por ter quilla e fondo.

Gran Xerais (Ed. 2000)

Bote2m. Denominación xenérica da embarcación de pequeño tamaño, que xeralmente se move a remos. B. pneumático […]. B. salvavidas […].

Se un quere saber o que é un bote, a definición (enciclopédica) do DRAG é a máis completa e a máis acertada; mágoa que este dicionario, polo seu escaso número de entradas, acaba por non ser útil para o uso real. As outras dúas obras lexicográficas galegas saen bastante ben paradas porque é certo o que din, que non é pouca cousa malia que as súas definicións, tan xenéricas, fan que acabes vendo botes por todos os lados.

A razón pola que teño o Gran Xerais comigo é porque define correctamente e ten moitos termos –cen mil entradas– que dificilmente se poden atopar noutras obras en papel.

Porén, boto de menos que, aproveitando a nova edición en papel, Xerais non fixese o esforzo de introducir láminas ilustrativas con léxico de linguaxes de especialidade (partes dunha folla, o corpo humano, etc.). Creo que sería un bo argumento para acabar de decidirse a comprar o dicionario, por ofrecer unha edición diferente á dos novos produtos dixitais.

Conclusión

Nun mercado onde a Rede cada vez ten máis impacto e as principais editoriais presentan os seus produtos en formatos dixitais, é difícil de entender como unha empresa decide vender ao peso (ao redor dos dous quilos e medio) un produto que vai custar 110 €. Desde logo, non é un agasallo ideal para un estudante para este Nadal. Tampouco sería aconsellable para unha familia media que necesite unha obra para axudarlle aos seus fillos pequenos nos seus estudos. Hai obras máis baratas que poden cumprir este cometido igual de ben. Porén é unha obra editorial interesante se consideramos quen vai constituír a clientela fundamental deste produto de Xerais. Esta obra nace como un libro de consulta persoal ou colectiva. Ideal para estar en despachos de docentes, andeis de bibliotecas nos centros de ensino ou nos servizos lingüísticos ciscados polo país adiante. O s nosos exemplares xa están encargados.

 

 

Manuel Bermúdez Blanco (Área de Asesoramento Lingüístico do SNL)

Luns, 30 de novembro de 2009