Novas recentes

As linguas e a USC: reflexionamos?

Venres, 16 de novembro de 2018

Xornadas para aprender

Xoves, 25 de outubro de 2018

Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica

Xoves, 25 de outubro de 2018

Resoltos os XIV Premios á calidade lingüística

Mércores, 24 de outubro de 2018

O mes de resolver premios

Martes, 23 de outubro de 2018

O galego, de excursión

Martes, 23 de outubro de 2018

Aínda podes participar en varios concursos!

Mércores, 27 de xuño de 2018

[Máis novas]

O galego, de excursión

Ligar o uso do galego co lecer e co coñecemento da nosa realidade natural e cultural é o obxectivo de dúas actividades con excursión: o roteiro de outono a Allariz, das Camiñadas da EPS e a visita a Santo André de Teixido, un dos lugares sandadores da nosa tradición, para Psicoloxía.

O noso ten futuro. Unha visita ao modelo de Allariz

A Comisión de Normalización Lingüística da EPS quixo comezar o curso cunha mensaxe positiva: o futuro do rural galego e das pequenas vilas non ten por que pasar necesariamente polo avellentamento, o despoboamento e o abandono do sector primario, e consecuentemente, por menos vida para o noso idioma. E para demostralo, organizaron unha visita ao vivo a Allariz, un lugar que apostou por poñer en valor os seus recursos propios e por revitalizar as súas actividades tradicionais vinculadas ao traballo agrogandeiro, e que grazas a iso se converteu nun referente en turismo e recuperación arquitectónica. Tamén na recuperación e uso da lingua.

O sábado 29 de setembro as persoas apuntadas á excursión coñeceron esa vila e diversos proxectos que explotan as potencialidades do lugar e da súa contorna en moitos ámbitos diferentes: a granxa de produción de leite ecolóxico Ecoleia, o Centro de Asnoterapia e de produción de xabóns con leite de burra, o Festival Internacional de Xardíns e o Museo do Coiro. Por suposto tamén coñeceron a vila e a súa arquitectura recuperada cunha visita guiada e foron recibidas na Casa do Concello.

Sandar a alma antes da Psicoloxía: Visita a Santo André de Teixido

Como sandaban a alma e se curaban dos nervios os nosos devanceiros? Coñecer a nosa cultura tradicional e a nosa idiosincrasia como pobo, da que a lingua fai parte, para entender mellor a nosa psicoloxía social e individual, sometela a exame e a unha fonda revisión e actualización é un dos obxectivos que se propuxo a Comisión de Normalización Lingüística de Psicoloxía.

Se en abril organizou unha visita ao Psiquiátrico de Conxo para saber dos tratamentos científicos –segundo os criterios da época- que se utilizaban no pasado, e como interconectaban a sociedade e os toliños, o pasado domingo 21 de outubro transportaba as persoas interesadas aos tempos en que “non había psicoloxía” e toda doenza mental se resolvía coa relixión. A visita a Santo André de Teixido, “a onde vai de morto quen non foi de vivo”, guiada polo antropólogo Clodio González,  resultou de grande interese especialmente para os numerosos estudantes de fóra de Galicia que acudiron. Ademais, completouse cunha visita ás espectaculares paraxes naturais da Vixía de Herbeira e unha baixada á praia das Areas Negras, guiada polo xeólogo Fran Canosa.

Pódese ver un resumo visual desta excursión.

RoteiroEPS_out18

Martes, 23 de outubro de 2018