Axudámosche a realizares a túa tese en galego

Tes ata o 31 de outubro de 2018 para solicitares a axuda que che ofrece a USC para realizares a túa tese de doutoramento en galego, de ata 400 euros en subvención directa. Ademais, podes realizar  consultas lingüísticas e terminolóxicas e mais recibir asesoramento para a defensa da tese, nos aspectos orais e de uso de presentacións dixitais.

A USC ofrece dende 1994 un programa de axudas ao uso do galego en teses de doutoramento. Este incentivo axiña se converteu nun referente en moitas outras universidades, tanto galegas coma dos países cataláns. Dende aquela, máis de 1300 doutorandos e doutorandas solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.

As axudas ás teses de doutoramento en galego outórganselles a aquelas persoas que elaboren e defendan estes traballos en lingua galega e así a soliciten a través do Rexistro Xeral da USC.

Esta convocatoria, de novo, abrangue as tesas defendidas entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018; as persoas doutorandas que lean a súa tese con posterioridade terán que acollerse á seguinte convocatoria, a de 2019.

Trátase dunha subvención directa dun máximo de 400€ para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo. No pasado ano 2017 a USC concedeu as axudas para nove teses. A subvención complétase con servizos de consulta e asesoría lingüística e terminolóxica, así como de asesoramento para a defensa oral e para a elaboración e uso de presentacións dixitais que se adoitan utilizar na defensa das teses, por parte do Servizo de Normalización Lingüística. Complementariamente o SNL fornece:

Este programa de axudas ás teses foise complementando paseniñamente con outras accións de fomento do uso do galego nos traballos acádemicos do alumnado. Así, os estudantes que elaboren en galego os seus traballos de fin de mestrado (TFM), os traballos de fin de grao (TFG) e proxectos de fin de carreira (PFC) ou os traballos académicos poden optar aos Premios á calidade lingüística (concurso), dotados con 500, 300 e 150 euros, respectivamente.

AXUDAS_imaxe750x250

Luns, 26 de marzo de 2018