Novas recentes
En que linguas ensina a USC?
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Departamentos, profesorado e linguas
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Evolución dos usos lingüísticos na docencia
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
#TEDSaúde: Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
O meu elemento
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Explícoche Matemáticas 2.0 e van oito!
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
As linguas e a USC. Xornada de reflexión sobre a política lingüística da USC para a docencia
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Comeza a funcionar a nova CNL do Claustro
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
As linguas e a USC: reflexionamos?
Venres, 16 de novembro de 2018
II Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC
Venres, 26 de outubro de 2018
Departamentos, profesorado e linguas
Os usos lingüísticos docentes, que inclúen todo tipo de titulacións (grao, 1º e 2º ciclos e mestrados, co que os datos se refiren a máis de 479 mil horas de clase) tamén varían en función do departamento de que se trate e das categorías de profesorado.
En canto aos departamentos, ningún dos 51 departamentos ignora a docencia en galego, aínda que seis non chegan a superar o 1%: Filoloxía Inglesa, Química Analítica e catro máis de Ciencias da Saúde. Dezaoito departamentos imparten menos do 10% da súa docencia en galego.
Os dez departamentos que utilizan o galego en máis da metade da encarga docente son, fundamentalmente, de ciencias sociais e humanidades.
Ademais de, loxicamente, os departamentos de Filoloxía Inglesa e Alemá e de Didácticas Aplicadas, hai outros oito departamentos que imparten algunha docencia en inglés, relacionados coa Xeografía, a Veterinaria, Enxeñaría Agroforestal, Química Inorgánica, Química Física, Química Analítica, Química Orgánica (a máxima, cun 7,7%), Física de Partículas, Enxeñaría Química , Organización de Empresas, Zooloxía. Os departamentos de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía e mais de Química Orgánica imparten máis porcentaxe de docencia en inglés ca en galego.
Como xa dixemos ao debullar os datos sobre titulacións, o uso dos restantes idiomas (alemán, catalán, francés, italiano, portugués) limítase aos departamentos encargados da investigación e ensino de cadansúas linguas.
Linguas e PDI
Os usos lingüísticos tamén presentan variacións en relación ás categorías de profesorado.
O profesorado titular, que supón o 37,6% do PDI no ano 2017, é a categoría que en conxunto asume a maior encarga docente, da cal imparte en galego o 26,03% das horas. A seguinte categoría é a de catedráticos/as, o 12,5% do PDI, que usa o galego no 20,1% das súas horas de aulas.
Seguen os profesores/as contratados/as doutores/as, que supoñen o 11,7% dos efectivos do PDI e imparten o 9,9% da docencia, cun uso do galego do 31,33%.
O profesorado asociado LOU (o 6,3% do PDI) utiliza o galego no 36,02% da súa docencia e o profesorado asociado de Ciencias da Saúde (9,6% do PDI), só un 2,36%, co agravante de que imparten unha considerable carga docente. Lembremos que, maioritariamente, este profesorado imparte docencia clínica, no CHUS, a grupos moi reducidos de estudantes.
As restantes categorías do PDI (axudantes doutores, interinos, colaboradores, contratados, lectores, invitados..., suman menos do 25% da docencia e as súas ratios de galego na docencia van dende o 0% dos profesores lectores ata o 79,87% dos profesionais de área externa.
Ademais do profesorado lector, que imparte en inglés o 38,5% da súa docencia, o máis anglófilo serían os contratados predoutorais do Ministerio (4,87%).
Mércores, 28 de febreiro de 2018