Novas recentes

Mostra @ youtubeir@ que levas dentro!

Luns, 18 de decembro de 2017

Linguas de perfil

Luns, 18 de decembro de 2017

And the winners are...

Xoves, 30 de novembro de 2017

Cinco anos de bUSCatermos: algúns datos e un balance

Mércores, 08 de novembro de 2017

Novembro, mes de "xornadas"

Mércores, 08 de novembro de 2017

Resoltos os XIII Premios á calidade lingüística

Mércores, 08 de novembro de 2017

[Máis novas]

Coñecer a lingua nos contextos. Camiñada de primavera no Courel

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo organiza unha nova camiñada para coñecer xuntas e asemade lingua e natureza. Será o sábado 6 de maio, no Courel e da man do profesor Manuel Antonio Rodríguez Guitián.

Para achegarse a calquera lingua, coñecela e amala, hai infinitas posibilidades. Unha delas é facelo observando como se relaciona co seu medio natural. Este vieiro ofréceo a Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, que organiza unha Camiñada de Primavera ao Courel para gozar do espertar da cuberta vexetal na primavera e observar os efectos da relación do ser humano co medio: por veces de forma respectuosa (usos tradicionais do monte, arquitectura tradicional...) e outras de modo moito máis agresivo (minaría, silvicultura intensiva...), e os seus reflexos na lingua, especialmente na toponimia.  Será o profesor da EPS Manuel Antonio Rodríguez Guitián quen guíe a camiñada.

Na xornada do sábado 6 de maio, os participantes sairán en autobús ás 9,30 h, do exterior da Facultade de Formación do Profesorado (avda. de Ramón Ferreiro) para chegar ao Courel e facer un par de camiñadas á mañá e á tarde, visitar a Estación Científica do Courel (en Seoane) e asistir a unha charla sobre as peculiaridades lingüísticas (toponimia) da zona.


Toda a actividade é de balde (excepto a comida), e adecuada a calquera tipo de condición física, pero o número de prazas é limitado, e cómpre reservar praza cun correo electrónico dirixido a  esther.gomez@usc.es.

Esta actividade dálle continuidade ás camiñadas do outubro pasado, organizadas para coñecer paxaros e cogumelos, e ás do Courel dos anos anteriores .




Venres, 28 de abril de 2017