As comisións de normalización propoñen para 2017...

Como todos os anos, o Servizo de Normalización Lingüística da USC abre un prazo, ata o 23 de decembro de 2016, para que as comisións de normalización lingüística dos centros lle presenten propostas de actuacións para desenvolver ao longo do vindeiro ano 2016.

O obxectivo desta invitación é tanto estimular a acción normalizadora nos centros por parte destas comisións como apoiar o traballo das comisións de normalización lingüística con medios económicos mais tamén técnicos e humanos. O SNL valorará as actuacións segundo os seguintes criterios:

  • que as actuacións respondan a un plan de normalización do centro
  • impacto das actuacións en relación coa súa organización e medios necesarios
  • a responsabilidade demostrada pola CNL á hora de executar actuacións en anos anteriores
  • que sexan compartidas ou se poidan partillar entre varios centros

O SNL ofrece a posibilidade de incluílas no orzamento que a USC destine á normalización lingüística ou de axudar a buscar outras vías de financiamento. Tamén o seu apoio técnico para pensar as posibles actuacións e para poder executalas.

As comisións de normalización lingüística son comisións delegadas das xuntas de facultade e, segundo o Plan de Normalización Lingüística, son parte da organización xeral da USC en materia de política lingüística. Deben encargarse da aplicación en cada centro, segundo a realidade propia de cada un, do Plan de Normalización Lingüística; de presentar propostas á xunta de centro e aos consellos de departamento, e de canalizar suxestións á CNL do Claustro. Han ser, alén diso, o ámbito directo de participación dos tres colectivos da Universidade no desenvolvemento do Plan.

Neste ano 2016 e mercé a esta colaboración leváronse a cabo as seguintes actividades:

Arestora contan con comisión de normalización lingüística, con diversos graos de actividade, as facultades de: Facultade de Bioloxía, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias da Comunicación, Ciencias da Educación, Dereito, Escola Politécnica Superior (Lugo), Escola Tecnica Superior de Enxeñaría, Enfermaría, Formación do Profesorado (Lugo), Farmacia, Filoloxía, Filosofía, Humanidades, Matemáticas, Psicoloxía,  Veterinaria (Lugo) e Xeografía e Historia.

O labor que están a realizar as cnl, que se pode consultar aquí, resulta imprescindible para podemos falar do proceso de normalización lingüística na USC durante os últimos anos.

Luns, 28 de novembro de 2016