Concurso de microrrelatos a través de Facebook

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades convoca o "Concurso de microrrelatos a través de Facebook", dirixido ao alumnado da USC.

Os microrrelatos, en lingua galega, terán como tema o feito de contar e ter unha extensión máxima de 100 palabras.

Os microrrelatos presentaranse no perfil de Facebook da Facultade de Humanidades do 1 de marzo ao 1 de abril de 2016.  Un xurado decidirá o premio de 200 euros. Tamén haberá un premio do público, de 100 euros. Consulta as bases do concurso.

Os obxectivos con que convoca este premio son:

  • Promover o uso do galego como vehículo para a creatividade dos estudantes da USC, co apoio das novas tecnoloxías.
  • Fomentar os dotes literarios do alumnado da USC.

Trátase dunha actividade da CNL da Facultade de Humanidades, que conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística.

USC_Microrrelatos_PortadaFacebook
 

Martes, 08 de marzo de 2016