Propostas de actividades das CNL dos centros para 2015

Co obxecto de dar apoio técnico e económico ás comisións de normalización lingüística dos centros da USC, o Servizo de Normalización Lingüística abre un período ata o 31 de outubro para que estas lle fagan chegar as súas propostas de actuación para 2015, co obxecto de priorizalas e tentar incluílas para o orzamento que a USC destine á normalización lingüística.

O SNL valorará á hora de priorizalas:

  • que as actuacións se insiran nunha planificación lingüística do centro
  • o impacto das actuacións en relación coa súa organización e cos medios necesarios
  • a responsabilidade demostrada pola CNL á hora de executar actuacións en anos anteriores
  • que sexan compartidas ou compartibles entre varios centros

O SNL ofrécelles ás comisións apoio técnico para pensar as posibles actuacións e para levalas adiante, incluído, dentro das posibilidades económicas existentes, o seu financiamento total ou parcial.

As comisións de normalización lingüística (cnl) son comisións delegadas das xuntas de facultade ou de escola, con representantes de estudantes, PDI e PAS, así como do equipo directivo do centro, que se así o deciden poden funcionar de xeito aberto. Segundo o Plan de Normalización Lingüística da USC, as cnl dos centros son parte da organización xeral da USC en materia de política lingüística, e hanse encargar de velar pola aplicación en cada centro do Plan de Normalización Lingüística, presentándolle propostas á xunta de centro e aos consellos de departamento, para o cal, segundo os Estatutos da USC (art. 153) contarán coa coordinación e apoio do SNL.

Deste xeito levaronse adiante actuacións tan exitosas como a publicación de vocabularios e outros soportes con léxico especializado, os premios á calidade lingüística dos traballos académicos, TFG e TFM, diversos obradoiros para o PDI (elaboración de unidades didácticas, elaboración de presentacións dixitais, uso de redes sociais na docencia) e o alumnado (elaboración de TFG e TFM), xornadas (educación e linguas, recursos educativos...), concursos (Monólogos monolingües, Somos a curta!...), etc.

Xoves, 30 de outubro de 2014