Novas recentes
En que linguas ensina a USC?
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Departamentos, profesorado e linguas
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Evolución dos usos lingüísticos na docencia
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
#TEDSaúde: Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
O meu elemento
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Explícoche Matemáticas 2.0 e van oito!
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
As linguas e a USC. Xornada de reflexión sobre a política lingüística da USC para a docencia
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Comeza a funcionar a nova CNL do Claustro
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
As linguas e a USC: reflexionamos?
Venres, 16 de novembro de 2018
II Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC
Venres, 26 de outubro de 2018
4 de novembro, Día da Ciencia en Galego
O vindeiro 4 de novembro chega á súa terceira edición o Día da Ciencia en Galego. A celebración convócase co ánimo de combater o vello mais resistente prexuízo que afasta o galego da ciencia e que semella alicerzarse coas disposicións normativas que, no ámbito da educación primaria e secundaria, prohiben a utilización da nosa lingua na impartición das materias de ciencias. Pola contra, co Día da Ciencia en Galego reivindícase que un ámbito irrenunciable: porque non pode haber espazos de exclusión para o galego e polo prestixio asociado ás ciencias.
A nosa Universidade únese a esta celebración da terceira edición do Día da Ciencia en Galego cunha serie de accións. Conferencias, videoconferencias co CERN, charlas sobre as liñas de investigación que se desenvolven nos centros, exposicións e centros de interese, visitas guiadas a laboratorios, entrega de premios... Serán quince actividades que se organizan a partir do día 5 de novembro en Matemáticas, Física, ETSE, EPS, Veterinaria, Ciencias e a Biblioteca Intercentros de Lugo, con asistencia e participación libre. Pódese consultar o programa de actividades na web e no Facebook.
Ademais a USC xunto coas universidades da Coruña e Vigo sumaranse á celebración do Día da ciencia en galego coa continuación da campaña En galego tamén se fai ciencia, que lle permitiu ao público achegarse aos testemuños de científicas e científicos galegos. Investigadoras e investigadores galegos que traballan en diferentes latitudes e especialidades fixéronse oír nun mesmo idioma, o noso, e partillaron as súas reflexións sobre a posibilidade de facer ciencia na nosa lingua.
Finalmente, a USC tamén colabora, por terceiro ano consecutivo, coa celebración do Día da ciencia en galego en centros de ensino secundario e primario, grazas á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (EGENDL). A Área TIC da USC apoiará o desenvolvemento dunha videoconferencia entre centros de primaria que xirará arredor do lobo. A videoconferencia "Facendo Física de Partículas polo mundo", na que participarán docentes e estudantes de ESO e bacharelato será un dos pratos fortes grazas ao apoio técnico da Área TIC da USC e á participación entusiasta dos nosos docentes de Física. Desta volta, serán case 90 os centros participantes de toda Galicia. A videoconferencia poderase seguir tamén dende a USC e ademais entre todos e todas poderemos converter a etiqueta (ou hastag) #cienciaengalego no tema do día (trending topic) no Twitter.
Mércores, 31 de outubro de 2012