Axudas a teses e TFM en galego

Dende 1994 a USC ofrece un programa de axudas ao uso do galego en teses de doutoramento. Este incentivo axiña se converteu nun referente en moitas outras universidades, tanto galegas coma dos países cataláns. Dende aquela, máis de 1000 estudantes e investigadores solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.

Paseniñamente este programa de axudas ampliouse a outros traballos. Na actualidade abrangue as teses de doutoramento, as as memorias de licenciatura e traballos de investigación tutelados, e mais os traballos de fin de máster (TFM).

Deste xeito, as persoas que fagan os seus traballos en lingua galega poderán obter unha subvención para os gastos de fotocopiado e encadernación de:

  • un máximo de 150 €, no caso dos traballos de fin de mestrado
  • un máximo de 150 €, para as memorias de licenciatura e traballos de investigación tutelados
  • un máximo de 400 € para as teses de doutoramento

As subvención complétanse con servizos de consulta lingüística e terminolóxica, así como de asesoramento para a corrección lingüística e para a elaboración e uso de presentacións dixitais, por parte do Servizo de Normalización Lingüística.

As axudas cómpre solicitalas no mesmo ano en que se defende o traballo, a través do rexistro da USC. Xa que logo, tes ata o 31 de decembro de 2012 para requirila se o les este ano.

Complementariamente o SNL fornéceche:

Luns, 30 de abril de 2012