Novas recentes
En que linguas ensina a USC?
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Departamentos, profesorado e linguas
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Evolución dos usos lingüísticos na docencia
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
#TEDSaúde: Concurso de subtitulación de vídeos TED de ciencias da saúde ao galego
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
O meu elemento
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Explícoche Matemáticas 2.0 e van oito!
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
As linguas e a USC. Xornada de reflexión sobre a política lingüística da USC para a docencia
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
Comeza a funcionar a nova CNL do Claustro
Mércores, 30 de xaneiro de 2019
As linguas e a USC: reflexionamos?
Venres, 16 de novembro de 2018
II Premio Luis Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC
Venres, 26 de outubro de 2018
Un estímulo para elaborar en galego TFM e teses de doutoramento
Dende 1994 a USC ofrece un programa de axudas á utilización do galego a diversos traballos que se foi actualizando en función da adaptación dos estudos aos requisitos de Boloña. Na actualidade, cínguese a traballos de fin de máster e teses de doutoramento, así como memorias de licenciatura e traballos de investigación tutelados (TIT). Dende aquela, 1175 estudantes e investigadores solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.
Lembremos que as axudas consistiron na convocatoria pasada en asesoramento lingüístico-terminolóxico e en subvencións directas que van desde os 150 euros para os traballos de fin de máster ata os 400 euros no caso das teses de doutoramento.
No pasado ano 2011 a USC concedeu subvencións para os gastos de publicación de 39 traballos realizados en galego. En concreto, beneficiáronse desta liña de incentivos á utilización da nosa lingua os autores/as de 11 teses, 23 traballos de fin de mestrado, 4 memorias de licenciatura e 1 traballo de investigación tutelados (TIT).
Malia os doutorandos e doutorandas contaren con axudas que incentivan o uso do galego por parte da USC, o certo é que só 11 das 30 teses defendidas na nosa lingua en 2011 solicitaron as subvencións de ata 400 euros ou o correspondente asesoramento lingüístico e terminolóxico. O mesmo cabe dicir das axudas a outros traballos a que poden optar os autores e autoras que os redacten en galego.
Mércores, 29 de febreiro de 2012