Un idioma preciso

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

195. Investigado, procesado, encausado, acusado... quen é quen?

A actualidade política destes últimos tempos fíxonos a todos case que expertos en procesos penais e nos seus procedementos. Termos como fase de instrución, apertura de xuízo oral, procedemento ordinario, procedemento abreviado, segredo do sumario... convertéronse en habituais na prensa e nos informativos de radio e televisión, e fixéronse tamén familiares para nós. 

Pero que nos sexan familiares non quere dicir que coñezamos con exactitude o seu significado. Por iso, hoxe imos deternos nos termos que designan a persoa contra a que se dirixe o proceso penal (tecnicamente, a parte pasiva). Escoitamos moitas veces falar de imputados, investigados, procesados, encausados ou acusados, pero vexamos as fronteiras que a lexislación vixente marca entre unhas e outras figuras.

Por exemplo, o investigado é a persoa sometida a unha investigación xudicial que trata de determinar a súa participación nun delito, despois de que se admitise a trámite unha denuncia ou querela contra ela. Ata o 2015 esa situación procesual recibía o nome de imputado, pero a Lei orgánica 13/2015 prescribiu o cambio de denominación co fin de "eliminar determinadas expresións usadas de modo indiscriminado na lei, sen ningún tipo de rigor conceptual, tales como imputado, con que se alude á persoa sobre a cal tan só recaen meras sospeitas e por isto resulta investigada, pero respecto da cal non existen suficientes indicios para que se lle atribúa xudicial e formalmente a comisión dun feito punible."

A medida que eses "suficientes indicios" de participación nun feito delituoso van aparecendo, no procedemento ordinario (e só nel) o xuíz pode ditar un auto declarando procesado a esa persoa. Desde ese momento, a investigación vai tratala como autor suposto do delito que se investiga.

O proceso segue o seu camiño, a investigación xudicial chega ao seu fin, e os indicios e probas que inculpan á nosa persoa son cada vez de máis peso. Se a Fiscalía ou a acusación particular —se a houber— propoñen que se abra un xuízo oral contra ela, baseándose neses indicios, a persoa pasará a estar encausada. Isto quere dicir que encausar e procesar son dous conceptos xurídicos diferentes, e que empregar a mesma palabra para referirnos a ambos, como recomenda algún dicionario galego, é algo que debemos evitar, pois provocaríase unha perigosa ambigüidade.

Pero o noso protagonista aínda pode pasar (ou non) por un estado máis. O xuíz ou o tribunal poden decidir desestimar a proposta anterior e sobreser a causa, ou poden aceptala e abrir o xuízo oral. Se optan por isto último, a Fiscalía ou a acusación particular formulan unha acusación concreta contra a esta persoa, que a partir dese momento pasa a ser un acusado.  

Esperamos que agora si poidamos dicir que entendemos ben as diferenzas entre todos estes conceptos xurídicos, e que isto nos axude a seguir mellor o proceloso mundo dos procesos xudiciais. Aínda que sería ben preferible que os informativos non tiveran que falar deles día sí, día tamén...

 

XUSTO RODRÍGUEZ RÍO

Xoves, 26 de xullo de 2018