Un idioma preciso

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

193. Contradictio in terminis: cando o inglés é a mellor opción

Hai cousa dun mes que publicamos nesta bitácora un apuntamento en que aconsellabamos non usar palabras inglesas para nomear conceptos que se poden describir perfectamente cunha forma galega. Viña a conto dos distintivos, pero o argumento vale para a tecnoloxía poñible, para a nube, e para outros moitos exemplos.

Pero... que facer cando esa palabra galega non existe?

Nese caso, que adoita darse cando o inglés —ou a lingua que sexa— crea unha expresión nova (skyscrapperwebinar, podcast...), moitas veces podemos imitar (calcar é a palabra técnica) o procedemento do inglés para construírmos unha forma galega. Grazas a ese calco falamos de rañaceos ou de webinarios

Pero outras veces ese método non funciona, normalmente porque a palabra creada en inglés ten particularidades moi difíciles de reproducir noutra lingua. Poden ser metáforas (como en microchip, que se basea na identificación da peza electrónica cunha pequena estela), ou outros procedementos (como en copyleft, formado a partir copyright xogando coa polisemia do segundo elemento da palabra). Cando isto ocorre, o único factible é aceptar a palabra estranxeira e incorporala directamente ao léxico propio: como diciamos no título, "o inglés é a mellor opción".

Outro caso en que iso ocorre é podcast, o termo en que nos queremos fixar hoxe. É unha palabra creada en inglés como resultado dun elaborado proceso de montaxe: colleuse por un lado unha marca rexistrada (iPod) e polo outro un substantivo composto (broadcast); eliminouse o comezo desas dúas palabras e empalmouse o resto para crear un novo termo composto.

Parece case imposible reproducir un procedemento así noutra lingua e obter un resultado funcional. Por iso, o castelán, o catalán, o portugués ou o italiano aceptan o anglicismo sen modificación ningunha: só en francés se intenta crear e difundir unha expresión propia (balado) cun éxito moi relativo.

E en galego? Pois aquí tamén houbo quen creou e intentou difundir unha expresión propia (falangullo), inspirada moi libremente no procedemento seguido en inglés, e combinando as palabras falar e bagullo. Pero hoxe en día é tamén a forma inglesa a que se recolle en dicionarios, e medios de comunicación.

 

Xa que logo, é mellor asumir que hai ocasións en que o inglés é a mellor opción, e empregar podcasting para referirse ao sistema que permite gravar, editar e publicar periodicamente a través de internet ficheiros multimedia, e podcast para os ficheiros publicados a través dese sistema (aínda que hai que recoñecer que falangullo tamén tiña o seu aquel, a que si?).

 

XUSTO RODRÍGUEZ RÍO

Mércores, 06 de xuño de 2018