Un idioma preciso

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

189. Brechas que cómpre ignorar, fendas que cómpre pechar

Se preguntara como se lle chama en galego á 'abertura irregular que aparece na superficie dun obxecto', seguro que oíría unha chea de respostas diferentes (aquí a Real Academia Galega xunta unha ducia). Aínda que cadaquén teremos un nome que nos resulte máis familiar ou habitual, dous dos máis utilizados son fendagreta.

Pero cando ese significado orixinal adquire valores metafóricos e pasa a referirse á 'desigualdade que existe entre dous grupos dun mesmo colectivo humano en función dun criterio determinado', emprégase moito brecha, que nos usos orixinais era ben minoritaria. Así, vemos como se nos fala da brecha de xénero, da brecha inflacionaria ou da  brecha salarial. Que curioso que se escollese esa palabra, non si?

Influirá ao mellor que en castelán se use brecha (brecha inflacionista, brecha digital, brecha de género, brecha salarial...), e non grieta ou calquera outro sinónimo, para referirse a este significado metafórico? Eu apostaría a que si. E se os usos en castelán están condicionando as escollas que facemos en galego, sería ben reflexionar sobre esas escollas.

Iso mesmo parece pensar a Real Academia Galega, pois no seu Dicionario promove o uso de fenda (fenda de xénero ou fenda dixital) para darlle nome a eses conceptos, e nin sequera menciona as expresións encabezadas por brecha. Se entendemos isto como unha recomendación implícita, ao resto das usuarias e usuarios tócanos estendela e aplicala aos casos que (aínda) non aparecen no Dicionario. Por iso...

É mellor usar fenda salarial, fenda inflacionariafenda de... en todo este tipo de expresións que manexan en sentido figurado a idea de 'separación entre dous elementos' e que en xeral se corresponden co inglés gap.

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Xoves, 08 de marzo de 2018