Un idioma preciso

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Xoves, 22 de febreiro de 2018

187. O bitcoin e outros termos arredor del

Mércores, 07 de febreiro de 2018

167. Xogando a converterse en gamos?

Mércores, 29 de novembro de 2017

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

188. Reciclar palabras para falar de reciclaxe

Hai uns poucos días vin en Twitter un chío do Departamento de Educación Ambiental de Sogama que falaba da "exposición de fotografía sobre reciclaxe Upcycling". A deformación profesional levoume a fixarme na palabra inglesa e na forma en que parece identificarse con reciclaxe.

"Outra vaca no millo!", pensei; "Outros que lle chantan unha palabra inglesa a algo que xa ten nome en galego, para ver se así parece máis moderno!". E empecei a buscar información pensando en dedicarlle este apuntamento d'Un idioma preciso ao tal upcycling. E xa ven que o estou facendo, pero teño que dicirlles que metín a pata.

E metina porque no material que atopei descubrín que reciclaxe e upcycling non significan o mesmo; así que non podo despachar o asunto dicíndolle algo como "usen a primeira e esquezan a segunda". Temos primeiro que determinar que é cada cousa e despois atopar o nome que mellor lle acae (e o mesmo para o seu parente downcycling).

Por comezar polo máis coñecido, a reciclaxe é a práctica de valorización que consiste someter un obxecto a un proceso de transformación que permite incorporalo —a el ou a parte dos seus compoñentes— no proceso de fabricación dun produto semellante ou con función análoga. Por exemplo, botellas de vidro poden transformarse en novas botellas.

En teoría, este ciclo podería ser infinito (por iso se representa con este logotipo); pero outras veces estes procesos de valorización acaban producindo obxectos de valor superior ou inferior ao dos orixinais. E aquí é onde entran en xogo os nosos dous anglicismos:

  • O upcycling é a modalidade de reciclaxe que é quen de transformar materiais ou produtos que xa non se usan noutros de calidade ou utilidade superior. Facémolo ao convertermos tarros de vidro en lámpadas, chanclas en obxectos decorativos ou cámaras de rodas en roupa e accesorios deportivos. Esa idea do valor superior represéntase en inglés co up-; e en galego podemos optar por un procedemento semellante, botando man do prefixo supra- para construír suprarreciclaxe ou supraciclaxe.

  • Á modalidade de reciclaxe que só transforma os materiais orixinarios noutros de calidade ou utilidade inferior, ou que teñen ciclos de vida máis curtos (converter papel de escritura en cartón, rodas en pavimentos...), chámaselle en inglés downcycling, aplicando o mesmo patrón do caso anterior. Do mesmo xeito, en galego podemos falar de infrarreciclaxe ou infraciclaxe.

Vemos, pois, que non fai falta importar palabras para referirse a estes dous novos conceptos. É mellor reciclar materiais do propio galego (o susbstantivo reciclaxe e os prefixos supra- e infra-) para construír novos termos (suprarreciclaxe, infrarreciclaxe) que se van adaptar perfectamente ao noso ecosistema lingüístico. Algo que non se pode dicir das palabras inglesas, que obrigarían a forzar as regras de escrita e de pronuncia do galego.

 

XUSTO RODRÍGUEZ RÍO

Xoves, 22 de febreiro de 2018