Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Aproveitando que estes días se celebra a Semana Europea da Mobilidade, artellada arredor do lema "Mobilidade limpa, compartida e intelixente", imos fixarnos en dous conceptos que son esenciais para acadar o obxectivo que ese lema manifesta, e que (que sorpresa!) nomeamos con palabras en inglés.

O primeiro deles é o car pooling, é dicir, a práctica pola que varias persoas comparten un coche (normalmente privado) para desprazamentos periódicos ou viaxes longas, e acordan entre eles a forma de compartir os gastos que se xeran. En galego, sería preferible referirnos a compartición de coche ou a viaxes compartidas, da mesma forma que en portugués se recomenda boleia partilhada ou viagem en carro partilhado, en castelán vehículo compartido e en catalán cotxe compartit.

O segundo é o car sharing, un servizo de alugamento de automóbiles no que se pon ao dispor dos usuarios (que previamente se aboaron ao servizo) un vehículo para desprazamentos curtos ou ocasionais, por períodos de tempo que moitas veces non superan unha hora. En galego, formas como préstamo de coche, préstamo de vehículo ou coche multiusuario son moito máis transparentes e describen mellor o servizo, amais de relacionarse co préstamo de coche do castelán ou o cotxe multiusuari do catalán.

Non hai ningunha razón que xustique o uso desas palabras inglesas cando nos comunicamos en galego, máis alá do suposto prestixio que implica vestir un concepto con roupas dese idioma, como ben saben os que fan running ou power walking no canto de iren correr ou andaren á présa, participan en workshops e non asisten a talleres, ou fan scroll pola pantalla no canto de desprazala.

Por iso, empreguemos as viaxes compartidas e os préstamos de coche. Non só é bo para unha "mobilidade limpa, compartida e intelixente" senón tamén para a diversidade lingüística do mundo.

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Mércores, 20 de setembro de 2017