Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

184. Argalleiros que melloran o mundo

Hai uns poucos días anunciouse que se abría o prazo de matrícula para a Galicia Maker Faire 2017. A noticia fixo que nos fixásemos no anglicismo maker, unha palabra que identifica ás persoas interesadas en aprender a facer as cousas por si mesmas, sobre todo nos ámbitos da tecnoloxía, a artesanía, o deseño, a gastronomía ou a arte, e en compartir e transmitir esas aprendizaxes a través de comunidades.

Por iso, é lóxico que aplicasen os seus principios fundamentais ao seu propio colectivo e fixesen por si mesmos o nome co que se autoidentifican en galego: argalleiros.

E o certo é que nos parece unha elección fantástica porque:

  • Darlle un novo significado a unha palabra xa existente no canto de crear unha nova ou incorporar o anglicismo resulta o máis lóxico xa que non estamos diante dun novo concepto, senón dunha actitude persoal ante a realidade cotiá que viña existindo desde sempre, e que agora se ve potenciada e facilitada coa aparición e a popularización de novas tecnoloxías e ferramentas.
    Esa mesma vía foi a que seguiu o inglés, ao engadirlle un novo sentido a unha palabra como maker, que significaba en principio 'persoa que fai ou fabrica algo'.
  • Argalleiro é un candidato moi apropiado para ser esa palabra á que actualizarlle o significado, xa que a súa definición "clásica" en galego ("Que manipula algo por diversión") recolle as características esenciais dos membros desa comunidade (a aprendizaxe pola práctica, o espírito lúdico...), e que se manteñen con independencia da tecnoloxía coa que se traballe.

  • Ten a capacidade de funcionar como adxectivo ("a cultura argalleira", "o movemento argalleiro"...) pero tamén como substantivo ("os argalleiros galegos teñen unha cita").

 

Así que xa sabedes, podemos arrombar o maker na caixa das ferramentas que non precisamos, porque temos unha nova (argalleiro) que se adapta moito mellor ás nosas necesidades cando falemos ou escribamos en galego.

 

XUSTO RODRIGUEZ RIO

Venres, 30 de xuño de 2017