Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Hai uns poucos días, a Universidade de Santiago de Compostela presentaba un curso de verán sobre "ictiofauna doceacuícola". Foi ler a información e sospeitarmos que algo renxía nese "doceacuícola".

Despois de ver algúns casos paralelos (arenícola, humícola, lignícola, silvícola...) concluímos que a nosa sospeita era certa: a forma que se debe empregar en galego é "dulciacuícola". Pero por que, se tanto "doce" como "acuícola" son palabras correctas?

Pois porque como podemos ver nos exemplos anteriores (ou no propio acuícola), as palabras compostas que usan -cola como segundo elemento, recorren tamén a unha forma latina para a primeira parte da palabra. Por iso, escribimos arenícola (no canto de areícola), lignícola (e non leñícola ou madeirícola) ou acuícola (e non auguícola); e por iso debemos optar pola forma latina do prefixo (dulci-) e desbotar a súa versión adaptada ao galego (doce-).

E por que non facemos con dulciacuícola o que facemos naturalmente nos exemplos de máis arriba (ou noutros como apícolaostreícola, rupícola, vinícola...), cando ademais se recomenda en dicionarios galegos desde hai perto de dez anos? A razón atopámola mirando cara ao oeste. Exacto: en castelán considérase correcto tanto dulciacuícola como dulceacuícola, pero emprégase moito máis a segunda. E esa tendencia espállase (por que será?) polos textos en galego.

 

Pero os hábitos do castelán non teñen por que ser os nosos. E se evitamos empregar selvícola, areícola ou abellícola, debemos referirnos ao 'organismo que vive na auga doce' como dulciacuícola.

XUSTO RODRIGUEZ RIO

Xoves, 08 de xuño de 2017