Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

181. Facer "escrol" coa barra de desprazamento.

A barra de desprazamento [Dicionario da RAG; Digatic] dunha aplicación informática é un estreito rectángulo que aparece na parte dereita e/ou na inferior da pantalla cando se presenta nela un elemento (documento, imaxe, páxina web...) que non cabe no espazo destinado á súa visualización. Ao usala, podemos mover ese elemento á esquerda/dereita ou arriba/abaixo —segundo a barra que empreguemos— coa axuda da caixa de desprazamento, ou da frecha de desprazamento.

Todos estes nomes galegos copian e traducen os empregados en inglés (scrollbar, scroll box, scroll arrow...), igual que fan o portugués, o castelán ou o francés.

Por iso resulta sorprendente que, para referirse ao movemento que facemos con esa barra, o mesmo Dicionario galego das TIC que recomendaba barra de desprazamento, propoña usar escrol, adaptando simplemente o inglés scroll á pronuncia galega. Ou que lle chame escrol vertical á "barra vertical, que aparece na parte dereita da fiestra, que indica a parte do documento que está a ser visualizada dentro da fiestra"; é dicir, á barra de desprazamento que permite mover un elemento cara a arriba e cara a abaixo.

A nós isto parécenos incoherente, e como unha incoherencia é unha incoherencia, por moito que veña avalada pola Real Academia Galega, preferimos empregar desprazar cando se fala de "mover un documento ou calquera outro elemento nunha xanela dun dispositivo electrónico co fin de ver un fragmento concreto del"; e desprazamento, se nos referimos á "acción de facer ese movemento".

Optar por estas dúas formas permite manter unha relación máis coherente entre os conceptos e os nomes que lles damos (desprazar > desprazamento > barra de desprazamento). Pero é que ademais, estes últimos son os máis coñecidos polos usuarios ao seren os que se empregan nos menús e nos manuais dos sistemas operativos e paquetes ofimáticos desenvolvidos por Microsoft, e nos que se basean en software libre.

 

Despois de todo isto, esperamos que quedarades convencidos de que non hai necesidade ningunha de usar "escrol" falando ou escribindo en galego, e de que termos construídos a partir da idea de desprazar (desprazamento -por scrolling-, barra de desprazamento -por scroll bar-, desprazamento infinito -por infinite scrolling-...) son máis transparentes, coherentes entre si, e encaixan mellor coa estrutura desta lingua.

 

 

XUSTO RODRIGUEZ RIO

Xoves, 11 de maio de 2017