Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Na natureza existen especies vexetais ou animais (nomeadamente aves) que teñen entre as súas características máis salientables a capacidade de medrar (as plantas) ou subir por superficies verticais. É por causa dela que en castelán se lles asigna o nome de trepadoras

Como en galego trepar significa algo ben diferente, imos ver qué nome debemos empregar para referirnos a esta característica.

A Real Academia Galega daba unha resposta clara no seu Dicionario castelán-galego: gabeador, tanto para referirse aos vexetais como aos animais. En principio, aquí podería morrer o conto, pero resulta que esa palabra non se recolle nin no Vocabulario ortográfico da lingua galega nin no Dicionario da lingua galega. Curiosamente, si atopamos o verbo gabear, para o que se dan dúas acepcións (1 e 3) que describen case exactamente as particularidades de animais e vexetais que estamos intentando nomear.

Nesa mesma entrada indícase que aganchar, agatuñar, arruñar, gatear ou rubir teñen os mesmos significados. De todas elas interésannos especialmente as dúas últimas pois para elas o Dicionario si recolle adxectivos derivados (gateador e rubideiro, respectivamente).

Para o primeiro dáse unha definición puramente remisiva ('Que gatea'), pero os exemplos de uso amosan que a Academia entende que pode aplicárselle tanto a plantas ('A hedra é unha planta gateadora') como a animais ('O coala é un animal gateador'). A definición que se ofrece para o segundo é moito máis detallada ('[Planta] que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais.'), pero tanto esta como o exemplo de uso ('Plantas rubideiras') restrinxen o seu ámbito de uso ás especies vexetais.

Chegados a este punto, imos intentar organizar toda esta información e presentar unha conclusión. 
 

De entre todas as formas sinónimas que se nos ofrecen para referirnos ao que en castelán se coñece como trepar, en contextos técnicos deberiamos usar preferentemente gatear ou rubir, xa que só para elas se recollen explicitamente adxectivos derivados (gateador e rubideiro).

Pero eses adxectivos non deben usarse como sinónimos perfectos, xa que ao segundo atribúeselle un significado máis restrinxido ca ao primeiro. Así, mentres gateador pode caracterizar tanto unha especie animal como vexetal, rubideiro só debería aplicárselle ás especies de plantas.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Xoves, 07 de maio de 2015