Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

178. Depreciación e desvalorización

Esta precisión parece que a comezamos polo final, cunha afirmación: en galego debemos evitar formas como *devaluar e *devaluación, xa que a Real Academia Galega, e atrás dela outras moitas fontes considéranas castelanismos.
 

Como formas alternativas recoméndase desvalorizar ou depreciar, (e nalgúns outros traballos, tamén devaliar). E precisamente desa suposta sinonimia imos falar hoxe.
 

Posiblemente sexa certo que nun nivel de lingua non especializado, desvalorizar e depreciar signifiquen o mesmo, e tanto teña escribir "...un coche desvalorízase no momento en que sae do concesionario..." ou "...un coche depréciase no momento en que sae do concesionario...". Pero como termos de política monetaria non son sinónimos.
 

Depreciar e depreciación fan referencia á perda de valor dunha moeda con respecto a outra, provocada por cambios na oferta e na demanda de divisas. Pola súa parte, desvalorizar e desvalorización designan a perda de valor dunha moeda con respecto a outra, provocada por unha decisión política das autoridades que a regulan. Os fenómenos de sentido contrario coñécense como apreciar/apreciación (cando a moeda gaña valor grazas á lei da oferta e a demanda), e revalorizar/revalorización (se o gaña por unha decisión de política monetaria).
 

Restrinxamos, entón, esa suposta equivalencia depreciar = desvalorizar aos contextos de uso non especializados, e manteñámolas como formas próximas pero diferentes na documentación técnica, nomeadamente do ámbito da economía.


 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Mércores, 28 de xaneiro de 2015