Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

177. "Islamita" ou "islamista"?

O ataque á sede do semanario Charlie Hebdo volveu traer ás portadas dos medios de comunicación o terrorismo provocado por fundamentalistas musulmáns. Lemos e vimos con horror os detalles do masacre; pero tamén nos deu tempo de decatarnos dunha cuestión lingüística que nos chamou a atención.
 

Con bastante frecuencia, empregouse islámico como cualificativo desta acción (terrorismo islámico, atentado terrorista islámico...), obviando que esta palabra designa todo o relacionado co islam e a súa civilización, e non só as súas manifestacións máis radicais e intransixentes. En castelán, portugués ou catalán podemos atopar dicionarios ou recomendacións autorizadas que aconsellan empregar islamista para referirse a todo o relacionado con este tipo de visión do islam, cunhas argumentacións perfectamente válidas para o noso contexto.
 

Pero ademais en galego, con moita frecuencia fóxese do uso de islámico para acabar empregando no seu lugar islamita (os islamitas, ataque islamita, terrorismo islamita...), como se esta fose a nosa palabra para referirse a ese enfoque integrista do islamismo. Pero segundo o Dicionario da Real Academia Galega ambas as formas son sinónimas, polo que volvemos chantarnos no problema inicial.
 

Na nosa opinión, o máis lóxico é facer o mesmo ca as linguas do noso arredor e -asumindo que islámicoislamita significan o mesmo- empregalas unicamente para referirse ao que está relacionado co islam, sen ningunha connotación complementaria.

E cando cando queiramos aludir a cuestións relacionadas co fundamentalismo musulmán, ou a partidarios ou practicantes desta corrente, o mellor é recorrer a islamista, aínda que esta palabra non figure no dicionario académico. O feito de que si estea nos dicionarios casteláns, portugueses, franceses ou ingleses parece aval abondo da súa lexitimidade.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 09 de xaneiro de 2015