Un idioma preciso

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Non descubro ningunha novidade se digo que algunhas especies vexetais ou animais teñen en galego ducias de nomes populares: os exemplos de Digitalis purpurea (os estraloques), de Ruscus aculeatus (o rascacú), ou de Mustela nivalis (a donicela) son ben coñecidos.
 

Esta realidade, que os especialistas en dialectoloxía ven como unha riqueza, pode converterse nun problema para quen redacta textos técnicos, pois o uso indiscriminado de denominacións diferentes para referirse a unha mesma especie pode dificultar a súa identificación. Para evitalo -ademais de empregar os nomes científicos, como eu fixen máis arriba- os autores acaban usando só un ou uns poucos deses nomes populares, que son os que os dicionarios de lingua acaban destacando como formas da variedade estándar.
 

Todo isto vén ao caso dos nomes galegos para a especie de peixe Ciliata mustela (ou Gaidropsarus mustela). Nos portos galegos documentáronse máis de dúas ducias de formas distintas de referirse a el; pero os dicionarios e outras fontes de referencia non deron acadado un consenso á hora de privilexiar algunha delas como a estándar. E o resultado é unha ensalada de propostas:
 

Sen pretender ser exhaustivos, chamóuselle anguía barbuda en guías de peixes editadas nos anos 90, bacallao de cinco barbelas no Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos (2000), mariola ou barbada de cinco barbelas no Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (2000), barbada lisa ou barbuda no Gran dicionario Xerais da lingua (2009), madrela en clasificacións de especies pesqueiras recollidas no DOG e no BOE (2012), bacallau de cinco barbelas no Dicionario de alimentación e restauración (2012) e mariola no Dicionario da Real Academia Galega (2012). Chama a atención especialmente que unha entidade como a RAG edite no mesmo ano (2012) dous traballos nos que recomenda denominacións totalmente diferentes sen ningunha explicación nin referencia mutua.
 

Para intentar orientarse nesta mada de nomes as pautas máis coherentes ofreceunas Luís Daviña Facal no seu Diccionario. Alí recomendaba empregar barbada para identificar as especies dos xéneros Ciliata e Gaidropsarus, o que nos dá un argumento para desbotar a "anguía" e o "bacallao/bacallau", que deberían reservarse para a denominar os xéneros Anguilla e Gadus, respectivamente. E, xa que logo, recomenda o emprego de barbada de cinco barbelas, que ten equivalentes moi semellantes nas linguas do noso contorno, ou de mariola, que é unha das denominacións populares máis estendidas para esta especie.
 

Nós optamos aquí por seguir ese consello e recomendar mariola e barbada de cinco barbelas como nomes galegos para Ciliata mustela.


 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Martes, 27 de maio de 2014