Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

A expresión mix enerxético designa o 'conxunto das fontes primarias (carbón, petróleo, gas, nuclear, hidroeléctrica, eólica, solar...), coa súa ponderación relativa, empregadas nun momento determinado para a produción enerxética nun determinado espazo xeopolítico (estado, rexión...)'. É, xa que logo, unha fotografía que sinala as fontes que se usan e a porcentaxe que cada unha delas representa sobre o total.
 

Desde o punto de vista lingüístico, a expresión constrúese como un híbrido de calco (que nos debería levar a "mestura enerxética" ou "combinación enerxética") e de importación directa da forma inglesa (energy mix), mecanismo tamén empregado noutras linguas europeas (mix de energía ou mix energético en castelán, mix energétique en francés, ou mix energético en portugués). Pero en todos estes idiomas podemos atopar recomendacións que invitan a prescindir dos híbridos e potenciar o emprego de alternativas que exclúen a importación do mix inglés, como combinación energética, surtido energético ou matriz energética en castelán, bouquet énergétique en francés ou cabaz energético en portugués.
 

Tendo en conta iso, parece que en galego debería optarse por un camiño paralelo, evitando o emprego de de mix enerxético e substituíndoo por algunha das denominacións alternativas que se documentan nas fontes reais (cesta enerxética, combinación enerxética, mestura enerxética...).
 

De ter que elixir unha delas, eu priorizaría cesta enerxética, xa que o uso de cesta co valor metafórico de 'conxunto e cantidade de produtos que son consumidos por parte de X nun momento determinado' ten plena vitalidade en expresións como cesta da compra.


 

XUSTO A. RODRÍGUEZ RÍO

Luns, 24 de marzo de 2014