Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

170. A RAG falla con "fallo".

Desde hai moitos anos, os dicionarios elaborados pola Real Academia Galega -e baseándose neles, algúns outros- veñen desaconsellando o uso de fallo para referirse á 'parte dunha sentenza en que se recollen os pronunciamentos que se adoptan sobre a cuestión que foi obxecto de litixio'.
 

Xa o Dicionario editado en 1997 dicía que 'O uso desta palabra [fallo] como sentencia ou veredicto é un castelanismo que non debe empregarse'; e 15 anos despois, a edición de 2012 reproduce literalmente esa observación. Previamente, en 2004, o Dicionario castelán-galego concretaba esa recomendación e propuña como alternativa sentenza.
 

fallo s.m. Der. sentenza (f) El abogado defensor recurrirá el fallo. O avogado defensor recorrerá a sentenza.
 

No entanto, a pesar de tantas recomendacións nun mesmo sentido, temos que dicir que a RAG falla. Falla porque as denominacións que nos ofrece como equivalentes en realidade designan conceptos xurídicos diferentes do que estamos intentando nomear:

  • Unha sentenza é a 'resolución xudicial que decide definitivamente o preito cando, segundo as leis procesuais, deba revestir esta forma' e, como vimos máis arriba, o "fallo" é unha das súas partes.
     
  • Un veredicto é a 'declaración dos membros dun Xurado na cal declaran como probado ou non-probado o feito xustizable que o maxistrado-presidente determinase como tal, e proclaman a culpabilidade ou a non-culpabilidade de cada acusado'.

Por iso, empregar calquera deles como equivalente de "fallo" provocaría unha situación de ambigüidade e falta de precisión que a documentación técnica debe evitar a toda custa.
 

Unha boa alternativa pode ser facer caso dos autores do Dicionario xurídico galego (2011) e empregar parte dispositiva ou decisión, tal e como recomendan dentro da entrada sentenza, ao explicaren que segundo o artigo 248.3 da Lei orgánica do poder xudicial, a estrutura externa dunha sentenza organízase en catro partes: o "encabezado", os "antecedentes de feito", os "fundamentos de dereito" e a "parte dispositiva ou decisión".

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 07 de marzo de 2014