Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

169. Contidos "curados" é o contrario de contidos frescos?

Os "falsos amigos" (parellas de palabras que, con formas semellantes en dúas linguas, significan cousas moi diferentes en cada unha delas) son uns visitantes habituais destas páxinas. Hoxe acompáñanos outro, propio da xestión de contidos dixitais: a curación de contidos.
 

Como moita da terminoloxía relacionada coas TIC, trátase dun préstamo do inglés (content curation) que parte da semellanza entre curation e curación, pero deixando de lado que o significado de ambas é moi diferente. En galego, curar non ten o valor de 'select, organize, and look after the items in (a collection or exhibition)' propio do seu equivalente inglés, e non parece ningunha das acepcións galegas ('sanar' ou 'conservar grazas á acción do sal, do fume ou da exposición ao aire') sexan aplicables aos contidos.
 

Pero non só en galego nos deixamos arrastrar por esa semellanza. Os nosos veciños casteláns (curación de contenidos), franceses (curation de contenu) ou cataláns (curació de continguts) tamén fixeron o mesmo. O caso do portugués é distinto, aínda que empregue curadoria de conteúdo: nesta lingua, a forma curador ten un significado semellante ao do curator inglés, así que non estariamos diante dun caso de "falsos amigos".
 

Se galegos, casteláns e franceses compartimos o problema e o seu diagnóstico, tamén buscar unha forma semellante de resolvelo: evitar o uso de curador/curación e recomendar outras alternativas para nomear ese concepto:

Para chegar ao nome máis adecuado en galego poderiamos optar por dúas vías: calcar o proceso de creación da denominación inglesa, ou buscar a palabra galega que describa de forma máis precisa as funcións desa profesión.
 

A primeira levaríanos a comezar de comisario, equivalente do curator inglés, construíndo a partir del formas como comisariamento de contidos ou comisariado de contidos, para describir a actividade profesional. Para a segunda, vistas as características da content curation, parece que unha alternativa como edición de contidos encaixaría con bastante exactitude.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 14 de febreiro de 2014