Un idioma preciso

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

168. E Border de que enfermou?

Hai case un ano, un anuncio no DOG anunciaba a compra dun lote de reactivos para diagnosticar a enfermidade de Border en pequenos ruminantes. Como é moi habitual que as denominacións das enfermidades inclúan o nome de quen as descubriu ou divulgou (enfermidade de Alzheimer, enfermidade de Crohn...), ou o dun paciente célebre (síndrome de Münchausen), comezamos a buscar quen era o tal Border. E aí levamos unha boa sorpresa.
 

Resultou que non era ninguén, que non había ningún científico de apelido Border que describira as causas dunha doenza veterinaria que atacaba ao gando ovino e caprino. E o que si tiñamos diante era unha mala tradución do inglés border disease ('enfermidade da fronteira') convenientemente pasada pola maquillaxe do castelán enfermedad de Border.
 

A doenza recibe ese nome porque se describiu por primeira vez en 1959 nunha rexión fronteiriza entre Gales e Inglaterra. Por iso, a forma que recomenda para ela a Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) é maladie de la frontière en francés, e enfermedad de la frontera en castelán. Se isto lle engadimos que doença da fronteira é a forma preferida en portugués, e malaltia de la frontera, en catalán, a conclusión parece evidente.
 

Debemos fuxir da tradución atrapallada do inglés e optar por enfermidade da fronteira ou doenza da fronteira, calcando correctamente a denominación inglesa.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Mércores, 22 de xaneiro de 2014