Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

166. Startup, ou os anglicismos (disque) insubstituíbles

A semana pasada foi noticia -polo menos na USC- que un proxecto da empresa Cilenis, xurdida dunha liña de investigación desta Universidade, acadou un importante recoñecemento nun certame promovido polo Massachusetts Institute of Technology. 
 

Como en moitas das informacións publicadas se falaba da "start-up Cilenis", imos fixarnos hoxe neste anglicismo, e amosar tamén cal é o "truco" que permite que palabras estranxeiras nos parezan imposibles de substituír por outras da lingua propia, porque estas últimas non dan acadado o grao de precisión e exactitude das primeiras á hora de nomear un concepto determinado.
 

Comecemos polo evidente. Start-up ou startup é un anglicismo difícil de integrar nas linguas románicas: nin a grafía (ese st- inicial, ese -p final) nin a relación desta coa pronuncia (deberiamos ler [estartup] ou escribir "estartap"?) encaixan ben nos padróns habituais daquelas. É certo que iso non impide que determinadas palabras estranxeiras de uso moi estendido se incorporen á norma do galego (lembremos software), pero esa dificultade debería ser un argumento a favor da súa substitución por unha alternativa.

Así parecen entendelo tamén as entidades que intentan orientar a norma do castelán, que propoñen empresa emergente, ou as que fan o mesmo para o francés (jeune pousse; entreprise en démarrage; jeune entreprise) ou o catalán (empresa emergent). Noutras linguas como o italiano ou o portugués, a palabra inglesa parece estar moito máis asentada e, aínda que se detectan propostas para evitala (companhia emergente; empresa em arranque...), estas acadan escaso éxito.
 

Vistos as dificultades para incorporar o anglicismo -que ademais, non parece ter un grao de difusión que o converta en irreversible- e o que se fai nas linguas veciñas, parécenos que o lóxico é recomendar para o galego o emprego da forma empresa emerxente.
 

Pero propostas coma esta adoitan ser criticadas co argumento de que o nome galego é ambiguo e non non recolle todos os matices de significado que ten a expresión inglesa. Tal cousa só é posible porque ao incorporar esta última quedamos unicamente coa súa forma, baleirándoa do seu significado orixinal, o que a converte nunha caixa que podemos encher exactamente coas características do concepto que queremos nomear. Así podemos, por exemplo asignarlle a startup o significado de 'empresa de constitución recente que responde a unha oportunidade de mercado importante e que ten un marcado carácter innovador e un crecemento forte e rápido'. Evidentemente, é imposible atopar unha expresión galega que signifique exactamente iso.
 

Curiosamente, ese nivel de precisión non se dá acadado nin no propio inglés. Neste idioma, non se pode tratar startup como unha caixa baleira, porque esa palabra ten unha historia previa que non se pode ignorar. Por iso, en inglés startup é tamén unha forma ambigua, que significa tanto 'a business that has just been started' (Cambridge Dictionaries) como 'a company, a partnership or temporary organization designed to search for a repeatable and scalable business model' (Wikipedia).
 

Xa que logo, non nos parece de peso o argumento que critica a falta de precisión de formas como empresa emerxente, porque esa mesma crítica podería facerse no propio inglés contra o préstamo que se pretende importar. Por iso, pensamos que esa denominación debería ser empregada no canto de startup ou startup company.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Luns, 02 de decembro de 2013