Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Unha operación que hai que realizar con certa frecuencia no ámbito da medicina ou da enfermería de emerxencia é a de inmobilizar un membro que se sospeita afectado por unha fractura, empregando un elemento ríxido e longo abondo, que evite movementos que agraven a posible lesión. A pesar da súa relevancia, en galego non demos asentado aínda un nome para ela.
 

Se cadra por iso, é habitual recorrer directamente aos castelanismos entablillar (para a acción) e entablillado (para a operación de realizala). Se buscamos unha forma máis acaída no Dicionario castelán-galego da RAG (2004) descubrimos que se nos recomenda unha perífrase (case unha definición) como inmobilizar con táboas; pero unha proposta tan longa coma esa parécenos que vai ter dificultades para suplantar no uso real unha alternativa máis curta e ben asentada como entablillar.
 

Ademais, a elección dese dicionario sorprende porque ignora sen ningún argumento outras propostas previas que evitaban o problema da lonxitude, e polas que se podía apostar, como por exemplo entalar. Este verbo aparecía xa desde o século XIX, recollido co significado de 'entablillar un miembro'; e con este mesmo valor se incluíu no Diccionario Xerais castelán-galego (1999), en artigos xornalísticos editados polo académico Constantino García, ou no Dicionario galego de termos médicos (2002), revisado polo Seminario de Lexicografía da propia Academia. Neste último caso, a forma que aparece é entalado, definida como a 'acción e efecto de estabilizar con táboas finas ou con férulas un óso fracturado').
 

Parece que evitar entalar é unha forma de desaconsellar o seu uso, pero traballos posteriores a esta data, como o Gran dicionario século 21 galego/castelán, castelán/galego (2006) seguen propoñéndoo como denominación galega para ese concepto. Pero é que ademais, a última edición do Dicionario da Real Academia Galega parece aceptalo xa como un uso correcto, non explicitamente pero si de xeito indirecto. Para entalar ofrece unha definición bastante xenérica e non recolle explicitamente a acepción médica, e de entaladura non di outra cousa máis ca 'Acción e efecto de entalar'; pero se nos fixamos no exemplo con que esta se ilustra atopamos o seguinte: 'Empregaron unhas táboas para a entaladura da perna rota'.
 

Con todos estes datos, cremos que o máis razoable é ignorar a proposta do Dicionario castelán-galego da RAG, e recomendar entalar como nome galego para esa operación.

 

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 15 de novembro de 2013