Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

161. # e &: dous símbolos na busca de nome

En galego, non andamos especialmente espilidos á hora de fixar os nomes dalgúns dos símbolos tipográficos máis empregados actualmente. O Dicionario da Real Academia Galega, por exemplo, ofrece como único significado de arroba o de 'medida de peso que equivale, segundo as zonas, a unha cantidade que vai desde os once aos quince quilos' (non se usará hoxe esa palabra sobre todo para nomear o símbolo '@'?). Nestas circunstancias, non pode sorprendernos que tampouco teñamos claro como chamarlle ao # ou ao &.
 

O primeiro deles (#) ten usos diversos segundo os ámbitos de especialidade e o país, pero no noso contorno é coñecido especialmente por figurar nos teclados dos ordenadores e dos teléfonos, e por ser a marca que identifica as etiquetas en Twitter e redes semellantes.
 

En castelán coñécese como almohadilla; en portugués como cerquilha; cardinal ou tralha; en inglés, como number sign; hash mark; pound sign ou grid; e en francés como croisillon ou carré.
 

En galego, non se chegou a consolidar unha denominación, de modo que andaron convivindo simultaneamente varias como cadrado, díese, cancelo ou grade. De todas elas, as dúas primeiras non parecen aconsellables pois:
 

  • cadrado non describe ben a forma dese símbolo e pode ser ambiguo en contextos en que este apareza canda a figura xeométrica á que se lle 'roubou' o nome.
     
  • díese é en realidade o nome doutro símbolo diferente (♯), coñecido como sharp sign en inglés. O Dicionario da Real Academia Galega parece que se deixou arrastrar por esta confusión e representa o símbolo equivocado na entrada díese.
     
Por todo o anterior, pensamos que cancelo (que é a forma que neste momento recomenda o Servizo de Consultas de Termigal) ou grade (empregada maioritariamente nos proxectos de localización de software libre ao galego integrados en Trasno) son as denominacións máis acaídas.

 

Se nos fixamos agora no segundo (&) descubrimos que é unha ligadura empregada desde a época latina co fin de representar cun único signo os dous caracteres da conxunción et, e que se emprega na actualidade na área da informática (programación, marcaxe de textos...) e como substituto da conxunción e en nomes comerciais e referencias bibliográficas.
 

Á hora de nomealo, a forma empregada en inglés (ampersand) espallouse intensamente nas outras linguas europeas; pero nestas convive con outras denominacións que se basean na orixe do símbolo ou nos seus usos principais. Así, atopamos e comercial en portugués, et ou y comercial en castelán, esperluette ou et commercial en francés, e et ou i comercial en catalán.
 

En coherencia cos exemplos anteriores, en galego debemos evitar a importación do anglicismo, e potenciar o emprego de et (outra vez recomendado dentro do Proxecto Trasno) ou o de e comercial.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 10 de maio de 2013