Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

160. Feixes que forman faxinas.

En determinadas tarefas de enxeñaría civil (estabilizar noiros, darlle consistencia a terreos lamacentos...) e de rexeneración paisaxística e forestal (estabilizar ribeiras, controlar a erosión do solo...) empréganse uns rolos de podalla asegurados con arames, que en castelán se coñecen como fajinas. Imos intentar determinar cal debe ser a forma usada en galego para darlle nome a ese concepto.

 

En principio, non debería ser moi difícil chegar a unha conclusión, pois as nosas linguas veciñas recorren a denominacións moi semellantes. Tanto a que acabamos de indicar en castelán, como as do inglés (fascine), francés (fascine ou fagot), portugués (faxina) ou catalán (feixina) remiten a unha orixe común: o substantivo italiano fascina e, en última instancia, o latín fascis.

 

As diferenzas maniféstanse na forma en que se trata o italianismo. Mentres uns idiomas o incorporaron partindo da súa forma escrita (inglés e francés modifican unicamente a vogal final), outros (castelán e portugués) tomaron como base a pronuncia en italiano, e buscan caracteres propios para intentar representar o fonema /š/. O catalán, pola súa parte, elixe a vía do calco tomando como base o substantivo patrimonial feix.

 

Calquera dos tres procedementos (que nos levarían, respectivamente, a "fascina", "faxina" e "feixina") sería potencialmente aceptable en galego. Pero na documentación real só atopamos exemplos da última desas formas.

 

Xa que logo, pensamos que faxina -coincidente co castelán e o portugués- debe ser a denominación recomendada para referirnos en galego a ese concepto.

 

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Martes, 02 de abril de 2013