Un idioma preciso

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

159. Obstáculos para o atletismo

Nestes días pasados o atletismo deu accedido aos medios de comunicación e neste verán, sen a competencia dos grandes campionatos de fútbol, ao mellor volve ter os seus minutos de gloria. Aproveitando isto, nós queremos falar de obstáculos, pero non dos que pexan a presenza de determinados deportes na tele, senón dos que teñen que saltar os e as atletas.

 

Distínguense dous tipos básicos, tanto polas súas propias características (dimensións, peso...) como polas probas en que se empregan ou pola distancia a que se colocan:

 

  1. Nas carreiras de 400 m, 110 m (para homes) e 100 m (para mulleres) empréganse unhas barreiras dun mínimo de 10 kg, constituídas por dúas bases metálicas e por soportes graduables en altura que terman dun listón de madeira colocado transversalmente a unha altura que varía segundo o sexo e a categoría dos competidores. En castelán chámanlles vallas, en portugués, barreiras, en inglés hurdles e en francés, haies.

     
  2. Nas carreiras de 2000 ou 3000 m empréganse unhas barreiras de madeira de entre 80 e 100 kg de peso e 3,96 m de anchura mínima, formadas por dous soportes e un listón colocado transversalmente sobre eles a unha altura de 0,914 m nas competicións masculinas e de 0,762 nas femininas. Coñécense como obstáculo ou valla de obstáculo en castelán, obstáculo steeplechase en portugués, steeplechase hurdle en inglés e haie de steeple en francés.

 

E en galego? Pois a verdade é que aínda non acabamos de telo claro, sobre todo se contrastamos a información que nos ofrecen distintos dicionarios:

 

  • O Dicionario castelán-galego da Real Academia galega aposta -incriblemente- por empregar obstáculo para os dous tipos de barreiras, fomentando unha ambigüidade difícil de xustificar:

 valla [...] 3. Dep. (en atletismo) obstáculo (m.). La atleta participará en 100 metros vallas. A atleta participará en 100 metros obstáculos.

obstáculo [...]3. Dep. (en deportes) obstáculo. Ganó la carrera de obstáculos. Gañou a carreira de obstáculos.
 

  • Tendo en conta isto, cabería agardar que o Dicionario da Real Academia Galega -editado con posterioridade- confirmara esta recomendación, pero as definicións que ofrece non acaban de aclarar as cousas:

obstáculo s. m. [...] 2. Dep. Cada un dos elementos (valos, muros etc.) que os participantes de determinadas probas ecuestres ou atléticas deben superar durante o percorrido. Saltar un obstáculo.

valo s.m. Construción vertical non moi alta, de pedra, arame, terróns ou outro material coa que se cerra ou delimita un espazo. Saltou o valado dun chimpo. SIN. valo.

 

É dicir, en obstáculo parece apuntarse que o valo é un subtipo específico de barreira, pero cando intentamos confirmalo nesta última entrada atopamos unha definición xenérica que non abrangue ningunha acepción deportiva. 

 

Outros dicionarios, como o  Gran Xerais da lingua, tratan estas dúas entradas de forma semellante á que acabamos de ver.

 

  • No entanto, atopamos tamén traballos como o Dicionario de galego de Ir Indo, que consideran que tanto obstáculo como valo representan conceptos diferentes do ámbito deportivo, aproximándose máis a definicións como as que apuntamos ao comezo:
     

obstáculo [...] 2 s m DEP Cada un dos accidentes naturais ou artificiais que presenta unha pista en determinados deportes para a realización de carreiras de obstáculos.

valo [...] 2 s m Obstáculo semellante a unha barreira que se pon en probas de atletismo
 

  • E finalmente, son os glosarios especializados no mundo do deporte os que distinguen con máis claridade entre os dous conceptos, como podemos comprobar en Profesionaliza a túa lingua: deportes. Aquí recoméndase empregar valo ou valado como equivalente galego do castelán valla, e carreira de obstáculos (ou carreira valada) para carrera de obstáculos.

 

Na nosa opinión, é aconsellable empregar denominacións diferentes para eses dous obxectos, tanto polas súas propias diferenzas formais como por empregárense en probas atléticas diferentes e por manter o paralelismo coas linguas do noso contorno.

Para a primeira dela poderiamos usar valo ou valado (que son as formas empregadas na documentación real), e para a segunda a máis apropiada parece obstáculo.

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Luns, 11 de marzo de 2013