Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

158. "Crowdfunding", ou mecenas en tempos de crise

Nestes anos de crise económica e recortes acabamos familiarizándonos con moitas palabras que antes nos resultaban alleas ou que só manexaba un reducido grupo de especialistas. A prima de risco, os miniempregos, o apancamento, a bancarización... pasaron dos informes técnicos ás conversas de café. Algo semellante lle ocorreu a crowdfunding, o termo de que nos imos ocupar hoxe.

 

Esta palabra inglesa describe un 'sistema de financiamento de proxectos empresariais, culturais ou sociais, desenvolvido a través da web, das redes sociais ou de plataformas específicas, que pretende conseguir o capital necesario a partir de pequenas achegas económicas realizadas por un número moi amplo de persoas, as cales adoitan ter algunha afinidade ideolóxica ou afectiva co proxecto financiado'. Por isto, non reciben ningunha compensación económica polo seu financiamento, aínda que si se adoita premiar con agasallos a súa colaboración.

 

As linguas do noso contorno desaconsellan en xeral o emprego do anglicismo, xa que tanto a súa escrita como a súa pronuncia son difíciles de adaptar ás pautas gráficas e orais dos distintos idiomas. Por iso, recomendan alternativas como:

 

No noso caso, parece razoble apostar por un tratamento semellante, xa que eses problemas de integración tamén se dan en galego. Pero ademais, cabe ter en conta que a norma léxica desta lingua tende a evitar a integración dos anglicismos rematados en -ing (pensemos en exemplos como coaching, mobbing, bullying, hosting, rafting, casting...).

Por iso, recomendamos empregar algunha das alternativas documentadas en textos reais, como micromecenado, financiamento en masa ou financiamento colectivo.

 

Actualización: 20/02/2013

Despois dun interesantísimo intercambio de opinións no foro -graciñas, Xabi-, pensamos que tamén se debe incluír mecenado participativo, como potencial nome galego para este concepto.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Luns, 18 de febreiro de 2013