Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

157. Caudais que non levan auga.

A palabra caudal forma parte do léxico do castelán e do galego, pero isto non quere dicir que o seu significado en ambas as linguas sexa o mesmo.
 

Tanto nunha como noutra pode referirse a algo 'relativo ou pertencente á cola'; e tamén se emprega nas dúas para designar a 'cantidade de auga ou doutro fluído que pasa por un lugar ou que atravesa un conduto nunha unidade de tempo determinada'. Pola contra, en español caudal úsase tamén para referirse á 'Hacienda, bienes de cualquier especie, y más comúnmente dinero', concepto que en galego é expresado como capital ou fortuna, tal e como nos recomenda o Dicionario castelán-galego da RAG.
 

Por iso, cando nos atopamos coa expresión caudal relicto, propia do dereito de sucesións español, debemos evitar o emprego de caudal relicto como equivalente galego, e buscar unha alternativa. A iso imos dedicarnos a partir de aquí.
 

Esa forma designa o 'conxunto de bens, dereitos e obrigas que posúe unha persoa no momento do seu falecemento e que constitúen todo o seu patrimonio', e conta con equivalentes como bienes relictos, haber hereditario, acervo hereditario, caudal hereditario ou masa hereditaria. De todos eles, o primeiro non parece moi acaído -por moito que o recomende a RAE- pois se volvemos á definición comprobamos que os "bens" son só unha parte de todo o transmisible como herdanza.
 

Por ese mesmo motivo, tampouco consideramos bens relictos como unha forma apropiada de referirse a ese concepto, a pesar de aparecer documentada en textos legais como o Código civil ou a Lei concursal. E o mesmo se pode dicir do capital relicto que figura na Lei de dereito civil de Galicia.
 

Parécenos mellor que a denominación galega parta de substantivos como patrimonio ou masa, que aluden tanto ao activo como ao pasivo da persoa que falece.
 

Por iso, consideramos que patrimonio sucesorio (recomendado no Léxico da administración castelán-galego, e no Curso medio de linguaxe xurídica) ou masa hereditaria (empregado tamén no Código civil) deben ser as formas preferidas, aínda que sempre se poderían empregar tamén as súas variantes patrimonio relicto ou masa relicta.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Xoves, 17 de xaneiro de 2013