Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

155. O *badén que non sabía se subía ou se baixaba

Usar unha mesma palabra tanto para un obstáculo que sobe como para outro que baixa parece que se correspondería moi ben coa imaxe tópica do galego indeciso no medio dunha escaleira. Pero non, neste caso é o castelán o que define con esa ambigüidade "tan gallega" a palabra badén, pois o Diccionario de la Real Academia Española, explica que pode ser tanto unha 'depresión en la superficie de un camino o de una carretera', como un 'obstáculo artificial alomado que se pone de través en la calzada para limitar la velocidad de los vehículos'. 

 

Para o primeiro deses dous conceptos, o Dicionario castelán-galego da RAG recomenda empregar focha, fochanca ou foxo. Pero para o segundo deles non atopamos nesa obra unha referencia clara, pois na entrada badén, a única denominación galega que remite á idea de 'elevación' é rampla, pero non parece acaída para darlle nome ao obxecto de que estamos a falar, xa que unha rampla adoita unir puntos situados a diferentes niveis, o que non acontece neste caso.

 

Mellor alternativa parece o lombo que recomenda o Gran dicionario Xerais da lingua. Por unha parte, un dos seus significados ('pequena elevación do terreo') encaixa moi ben co concepto que se pretende nomear; e por outra é coherente coas formas elixidas noutras linguas, como portugués (lomba en Portugal e lombada no Brasil) e inglés (speed hump).

 

Evitemos, xa que logo, *badén para nomear a 'banda elevada máis ou menos ampla e de forma arredondada que se sitúa transversalmente nunha calzada, co fin de obrigar aos condutores a reducir a velocidade na zona en que se instala', e optemos no seu canto por lombo ou a súa variante lomba.

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Martes, 14 de febreiro de 2012