Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

154. Dúas miradas sobre un mesmo problema: liña de vida

Cando valoramos qué nome se lle debe dar en galego a un determinado concepto, cómpre atender a varios aspectos (se xa se usa algunha expresión para el ou para un moi próximo, en qué forma as distintas alternativas respectan as particularidades da lingua galega, os nomes usados nas linguas veciñas, etc.). Cando todos eles apuntan nunha mesma dirección é doado chegar a unha conclusión e formular unha recomendación explícita.

Pero moitas veces ocorre algo distinto: cada un deses aspectos leva a conclusións distintas, ou aínda opostas; e nesas circunstancias tomar unha decisión é moito máis difícil, como imos ver ao analizar o caso das liñas de vida.

Esa expresión aparece en documentos galegos referida a dous conceptos moi próximos, ambos relacionados coa seguridade e a protección das persoas:

  • Desde o mundo náutico estendeuse aos equipamentos de seguranza no traballo, para nomear un 'cable ou corda horizontal ou vertical, estirada entre dous puntos de ancoramento, que permite unha vía de tránsito entre eles e mantén unha protección contra as caídas nese tramo'. Outra volta, unha imaxe serve máis ca mil palabras.

Se miramos para as linguas veciñas comprobaremos que en todas elas se empregan formas equivalentes, como o línea de vida do castelán, o ligne de vie do francés, o linha de vida do portugués, ou o lifeline / life-line  (tamén jackline) do inglés.

Esta práctica unanimidade invitaríanos a propoñer liña de vida como nome galego. Pero mirada deste outra perspectiva, a cuestión non está, nin moito menos, tan clara: é ben probable que esteamos perante un falso amigo do que, sendo puristas, conviría fuxir. A ver se conseguimos explicarnos.

O inglés lifeline e o francés ligne de vie encaixan naturalmente na estrutura das súas linguas porque nelas line e ligne significan, entre outras cousas, 'corda fina'; por iso esas palabras poden reutilizarse sen forzar o seu sentido. Pero se facemos a mesma proba en galego (ou en castelán) o resultado é ben outro: nin liña nin línea  inclúen a idea de 'corda fina' entre as súas acepcións. A que podería estar máis preto é a de 'arte de pesca consistente nun fío ou tanza, xeralmente de nailon, cunha chumbada e un ou varios anzois empatados no extremo' que se pode atopar nos dicionarios galegos.

Xa que logo, ao usarmos liña de vida estamos obrigando á palabra liña a representar un significado distinto dos que ten recoñecidos no corpus léxico do galego. E isto ocorre, posiblemente, porque a semellanza formal entre a palabra inglesa (ou a castelá?) e a galega provocou unha tradución equivocada. Por iso, desde esta perspectiva, o aconsellable sería evitar o uso de liña e recomendar formas como corda de vida, cable de vida ou cable de ancoramento. Pero a presenza de calquera delas na documentación real é practicamente irrelevante.

E así chegamos ao nó desta meada: dámoslle prioridade á forma asentada no uso aínda que sexa discutible desde o plano lingüístico? Ou apostamos por potenciar a denominación máis "correcta" aínda que haxa que intentar implantala practicamente desde cero?

Neste caso, o pragmatismo lévanos a recoñecer que é moi difícil -por non dicir imposible- reverter o grao de difusión que ten liña de vida, sobre todo cando a presenza de formas moi semellantes en inglés, castelán ou portugués vai seguir indirectamente fomentando o seu emprego.

Pero tamén debe quedar constancia de que se pode optar por outras alternativas (corda de vida, cable de vida, cable de ancoramento), que deberían figurar como sinónimos nos dicionarios e ser difundidas a través da documentación emanada das institucións públicas.

[Actualización: 17-01-2012]

Se temos en conta equivalencias entre inglés e galego como lifeboat / bote salvavidas; life jacket / chaleco salvavidas ou life buoy / aro salvavidas, parece coherente incluír entre as posibles alternativas galegas a lifeline formas como corda salvavidas ou cable salvavidas.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Martes, 10 de xaneiro de 2012