Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Hai poucos días foi noticia na prensa a celebración en Santiago de Compostela do concurso Nariz de oro, que buscaba elixir ao mellor "sumiller" de Galicia. Esta palabra non figura en ningún dos dicionarios galegos que puidemos consultar, pero é a máis frecuente nesta lingua para referirse aos profesionais da hostalaría encargados da xestión, conservación e comercialización do viño nun restaurante, así como de aconsellar á clientela cal é o que máis se axeita aos pratos que van consumir.

Ao intentar saber máis sobre a orixe da palabra, e sobre a forma que elixían as linguas veciñas para referirse ao mesmo concepto, descubrín que procede do francés sommelier, e que viviu unha importante evolución semántica desde a idade media. Naquela época dáballe nome a quen conducía animais de carga, pero con tempo pasou a referirse á 'persoa encargada do coidado da equipaxe e dos alimentos durante as viaxes da Corte', e máis tarde á 'persoa encargada co coidado e o servizo do viño nunha casa nobre', para acabar chegando ao seu significado contemporáneo.

Grazas á relevancia da tradición e a cultura francesas no mundo da gastronomía, o concepto e a denominación exportáronse sen modificación ningunha ás outras linguas europeas (inglés, portuguésitaliano, catalán...), aínda que algunhas delas empregan en paralelo formas propias, como o inglés wine steward ou o portugués escanção. Só o castelán desaconsella a palabra francesa orixinal, para recomendar no seu canto a forma adaptada sumiller, aínda que a primeira segue mantendo unha importante presenza na documentación real.

 

Tendo en conta todo o anterior, creo que é preferible que o galego vaia buscar ese préstamo á súa fonte orixinal (o francés) no canto de asumir como propia a modificación que del se fixo en castelán. Por iso, a nosa recomendación sería empregar sommelier, coma a gran maioría das linguas europeas, e evitar o castelanismo sumiller.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Mércores, 14 de decembro de 2011