Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

152. Case son cristais, pero non: os cuasicristais

Os especialistas en química e en enxeñaría de materiais hai anos que saben da existencia dos cuasicristais, pero os profanos nestas materias oímos falar deles co gallo da concesión do Premio Nobel de Química 2011 ao seu descubridor, o científico israelí Daniel Shechtman.

Explicándoo de forma moi básica, poderíase dicir que son corpos sólidos que presentan estruturas atómicas semellantes ás dun cristal, pero que se diferencian destes porque esas estruturas son ordenadas pero non periódicas, é dicir, non poden ser construídas repetindo ata o infinito unha cela básica que se toma como unidade. Pero o que a nós nos interesa realmente, non é tanto indicar en qué consisten senón intentar determinar para eles un nome en galego, xa que nestes días puidemos velos citados como quasicristais, casecristais ou cuasicristais.

A palabra creouse en inglés (quasicrystal) engadíndolle ao substantivo crystal o prefixo latino quasi-. As linguas da nosa veciñanza copian este método, de tal xeito que a única particularidade é a forma en que se adapta o prefixo: nalgúns casos mantense o qua- (quasi-cristal ou quasicristal, en francés; quase-cristal, en portugués), e noutros adáptase en cua- (cuasicristal, en castelán).

Xa que logo, o que precisamos saber é se en galego existe unha pauta que oriente sobre a forma de adaptar ese prefixo latino. A Real Academia Galega non trata o tema de forma explícita, pero si que manifesta a súa opinión implicitamente, cando recomenda usar formas como cuasicontrato ou cuasidelito, nun traballo que avala coa súa autoridade. 

En consecuencia, o máis coherente con esta práctica é adaptar o qua- latino como cua-, e apostar polo uso de cuasicristal, que é tamén a forma recollida na Enciclopedia Galega Universal.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 07 de outubro de 2011