Un idioma preciso

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

162. Conformámonos co "achantamento"?

No ámbito do dereito a palabra castelá allanamiento fai referencia fundamentalmente a dous conceptos:
 

  1. Ao delito consistente en entrar nun domicilio ou a permanecer nel sen autorización ou contra a vontade do seu propietario ou de quen nel viva.
     
  2. Ao acto procesual polo que un demandado manifesta a súa vontade de non se opoñer á pretensión do actor ou de abandonar a posición xa interposta, conformándose con ela.
     

Para o nomear o primeiro deles o galego recorre a violación de domicilio ou invasión de domicilio; pero para o segundo os dicionarios e os textos legais non deron acadado un consenso semellante, e ofrecen un abano de propostas sobre o que imos deternos hoxe.
 

  • Nos textos legais en galego, tanto no BOE como no DOG emprégase basicamente conformidade e avinza, aínda que o máis habitual é que estes conceptos se presenten baixo forma de verbos (conformarse con... e avirse a...). Estas formas son tamén as recomendadas por distintos manuais, cursos, libros e estilo, glosarios e dicionarios que seguían o camiño marcado no Curso superior de linguaxe xurídica editado pola Xunta de Galicia a mediados dos 90.
     
  • En paralelo, outros dicionarios como o da editorial Ir Indo ou a Enciclopedia Galega Universal apostaban por denominacións diverxentes das anteriores, como asentimento de demanda e aplanamento á demanda.
     
  • O Dicionario xurídico galego (sorprendentemente desaparecido da Rede ao editarse en papel) optou por non promocionar ningunha das denominacións preexistentes, e recomendou achantamento, unha escolla insólita na lexislación publicada, pero que a partir dese momento comeza a estenderse a algunhas obras de referencia, como o Libro de estilo do Servizo de Tradución da Xunta de Galicia.
    Ese dicionario, ademais, non acepta conformidade como sinónimo, a pesar de ser a forma máis difundida ata o momento, pois emprégao para nomear un concepto diferente do ámbito do dereito procesual penal: a 'institución na que o acusado e os seu defensor aceptan, con límites, a pena solicitada pola acusación ou a máis grave das solicitadas, de seren varias'.
     

 Con todo este abano de alternativas diante, cómpre establecer algún tipo de priorización entre elas:
 

  • Se conformidade e a súa familia (conformarse con...) poden provocar problemas de ambigüidade na comunicación especializada, como parece apuntar o Dicionario xurídico galego, non deberiamos empregar esta denominación como equivalente de allanamiento.

  • Achantamento conta ao seu favor co aval que lle outorga o ser a forma recomendada polo dicionario xurídico máis relevante do panorama galego, tendo en conta a súa nómina de autores e colaboradores. Ademais, o significado desa palabra na lingua común é coherente co que se lle atribúe no ámbito legal. Pero aínda así, a súa presenza en documentos técnicos (lexislación, estudos e informes...) é anecdótica.
     
  • Asentimento á demanda e aplanamento á demanda quedan nun segundo nivel pois, nin teñen unha presenza salientable en textos especializados, nin están avalados por fontes lexicográficas de tanto peso como o Dicionario xurídico galego.
     

Xa que logo, parece que achantamento sería a forma máis acaída, pois evitaría a ambigüidade a que nos pode levar conformidade e conta co aval dunha fonte lexicográfica prestixiosa, e coa aceptación por parte da unidade técnica que se encarga de traducir e revisar a lexislación que finalmente se publica en versións galegas no DOG e no BOE.
 

A súa principal carencia (o escaso uso na lexislación publicada) pode deberse probablemente ao feito de ser unha recomendación moi recente, e non a unha valoración negativa.

 
[Actualización: 03/06/2013]

No Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega recoméndase o emprego de someterse a como equivalente do castelán allanarse a. É curioso que esta forma, defendida por un dicionario académico, non acadase ningunha difusión, nin nos documentos técnicos, nin nos recursos lingüísticos posteriores.

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Venres, 31 de maio de 2013