Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

150. Unha proposta de nomenclatura para os grupos de solos de referencia da FAO

Á hora de intentar clasificar os solos do mundo, os edafólogos manexan habitualmente dúas taxonomías: a Soil Taxonomy, elaborada polo Goberno dos EE.UU. e a World reference base for soil resources, desenvolvida pola FAO. Este último traballo establece unha serie de horizontes, propiedades e materiais de diagnóstico, e identifica, describe e nomea 32 grupos de solos de referencia. É a denominación en galego destes solos o asunto que nos vai ocupar hoxe.

A meirande parte deles (26) posúen nomes formados segundo un mesmo esquema: parten da secuencia -sol (tirada do latín solum) e engádenlle antes outro elemento -normalmente de orixe latina ou grega- que describe algunha característica salientable dese tipo de solo. Así atopamos, por exemplo:

Á hora de adaptar esta nomenclatura, linguas como o francés e o castelán optaron pola integración directa, modificando minimamente a ortografía cando era necesario. Así atopamos denominacións como acrisol, alisol, anthrosol e fluvisol en francés; e acrisol, alisol, antrosol e fluvisol en castelán. Pola contra, o portugués realíza unha adaptación maior, e substitúe a partícula -sol polo substantivo solo (acrissolo, alissolo, antrossolo, fluvissolo...).

Os dicionarios galegos oscilan entre estas dúas alternativas, de tal modo que segundo a fonte que consultemos poderemos ver recomendada unha ou a outra. O Vocabulario de ciencias naturais e o Léxico de xeografía apostaban polas formas en -sol (andosol, cambisol, ferrisol, fluvisol, xelisol, gleisol, histosol, leptosol, litosol, regosol...), pero a Enciclopedia galega universal recolle só termos rematados en -solo (litosolo, regosolo), e o Diccionario galego de xeografía non parece ter un criterio uniforme (gleisol, pero histosolos ou litosolos). E estas mesmas diverxencias vense tamén na documentación técnica.

Calquera das dúas alternativas ten aspectos positivos e negativos: o uso das formas rematadas en -solo achéganos ao portugués, pero sepáranos da tendencia maioritaria nas linguas europeas, á parte de ser a alternativa minoritaria na documentación especializada galega; pola contra, o uso das formas rematadas en -sol achéganos ás linguas veciñas á custa de afastarnos do portugués.

Por iso, pensamos que a mellor das alternativas pode ser aceptar como correcta en galego a dobre denominación (con terminación en -sol e con terminación en -solo) para cada un deses 26 grupos de solos de referencia. O resultado sería o que se pode ver na táboa seguinte.

  

CÓDIGO
INGLÉS
CASTELÁN
PORTUGUÉS
GALEGO
AC
acrisol

acrisol

 acrissolo
acrisol ou acrisolo
AB
albeluvisol
albeluvisol
 albeluvissolo
albeluvisol ou albeluvisolo
AL
alisol
alisol
 alissolo
alisol ou alisolo
AN
andosol
andosol
 andossolo
andosol ou andosolo
AT
anthrosol
antrosol
 antrossolo
antrosol ou antrosolo
AR
arenosol
arenosol
 arenossolo
arenosol ou arenosolo
CL
calcisol
calcisol
 calcissolo
calcisol ou calcisolo
CM
cambisol
cambisol
 cambissolo
cambisol ou cambisolo
CR
cryosol
criosol
 criossolo
criosol ou criosolo
DU
durisol
durisol
 durissolo
durisol ou durisolo
FR
ferralsol
ferralsol
 ferralssolo
ferralsol ou ferralsolo
FL
fluvisol
fluvisol
 fluvissolo
fluvisol ou fluvisolo
GL
gleysol
gleysol
 gleissolo gleisol ou gleisolo
GY
gypsisol
gipsisol
 gipsissolo
xipsisol ou xipsisolo
HS
histosol
histosol
 histossolo
histosol ou histosolo
LP
leptosol
leptosol
 leptossolo
leptosol ou leptosolo
LX
lixisol
lixisol
 lixissolo
lixisol ou lixisolo
LV
luvisol
luvisol
 luvissolo
luvisol ou luvisolo
NT
nitisol
nitisol
 nitissolo
nitisol ou nitisolo
PL
planosol
planosol
 planossolo
planosol ou planosolo
PT
plinthosol
plintosol
 plintossolo plintosol ou plintosolo
RG
regosol
regosol
 regossolo
regosol ou regosolo
ST
stagnosol
stagnosol
 stagnossolo
stagnosol ou estagnosolo
TC
technosol
tecnosol
 tecnossolo
tecnosol ou tecnosolo
UM
umbrisol
umbrisol
 umbrissolo
umbrisol ou umbrisolo
VR
vertisol
vertisol
 vertissolo
vertisol ou vertisolo

 

Diciamos máis arriba que 26 dos 32 grupos de solos respondían a ese padrón estrutural. Os seis restantes fórmanse tamén por composición, pero usan formas rusas como materia prima. Por iso mesmo, son integradas directamente en todas as linguas do noso contorno, e iso mesmo o que propoñemos tamén para o galego.

CÓDIGO INGLÉS CASTELÁN PORTUGUÉS GALEGO ETIMOLOXÍA
PZ podzol podzol podzol podzol do ruso pod -'debaixo'- e zola -'cinza'-
CH chernozem chernozem chernozem chernozem do ruso chernij -'negro'- e zemlja -'terra'-
KS kastanozem kastanozem kastanozem kastanozem do ruso kashtan -'castaña'- e do zemlja -'terra'-
PH phaeozem feozem; phaeozem phaeozem phaeozem; feozem do grego phaios -'moreno'- e do ruso zemlja -'terra'-
SC solonchak solonchak solonchak solonchak do ruso sol -'sal'- e chak -'terra salobre'-
SN solonetz solonetz solonetz solonetz do ruso sol -'sal'- e etz, -sufixo que expresa a idea de superlatividade-

 

O caso de podzol merece unha pequena explicación complementaria, xa que algúns dicionarios galegos recollen podsol como unha forma tamén correcta en galego, tratándoo como se for un composto formado a partir de -sol (do latín solum). Pero como acabamos de indicar a orixe do termo é totalmente distinta, e a semellanza formal puramente casual; non hai motivos, xa que logo, para incluír esa alternativa denominativa en galego. 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Xoves, 14 de xullo de 2011