Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

149. Non son bulbos, pero paréceno: os "bulbilos"

Os bulbos son estruturas botánicas ben coñecidas, que non precisan maior presentación, aínda que só sexa por estarmos afeitos a consumilos na nosa dieta habitual. Semellantes a eles -pero diferentes- son unhas pequenas xemas epixeas transformadas que poden aparecer pegadas aos bulbos, nas axilas das follas ou nas inflorescencias de certas plantas, e que funcionan como órganos de multiplicación vexetativa. Os dicionarios técnicos galegos refírese a eles unhas veces como bulbiños e outras como bulbilos, e neste dilema queremos fixarnos hoxe.

A forma bulbiño recomendábase no Vocabulario do medio agrícola, e documéntase cunha certa frecuencia en textos técnicos. O seu emprego pode xustificarse pola semellanza deses órganos con bulbos de pequeno tamaño, pero seguro que tampouco é alleo á influencia do castelán bulbillo. Tamén se podería argüír un influxo do portugués bulbilho ou bolbilho (formas considerada castelanismos en portugués), pero parece pouco probable.

A forma bulbilo é a proposta por dicionarios máis recentes e de maior difusión (Diccionario das ciencias da natureza e a saúde, Dicionario de galego), pero practicamente non ten presenza na documentación especializada. Desde un punto de vista estrutural pode explicarse como unha adaptación do latín científico bulbillus, igual ca arilo, bacilo, codicilo ou pistilo (de arillus, bacillus, codicillum e pistillum respectivamente), e ademais encaixa mellor coas denominacións empregadas na maior parte das linguas do noso contorno, como o inglés bulbil, o francés bulbille ou o castelán bulbilo (forma empregada á par ca bulbillo).

 

Das dúas formas en discusión parece razoable recomendar a segunda, tanto polo que ten (vén avalada por fontes lexicográficas máis modernas e difundidas, é respectuosa coa estrutura interna do galego e coherente coas linguas veciñas) como polo que evita (a confusión desta estrutura botánica con  'bulbos de pequeno tamaño' e a influencia do castelanismo).

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Mércores, 15 de xuño de 2011