Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

147. Ordenadores escravos con mestres que mandan neles

Unha das particularidades máis salientables da terminoloxía informática en inglés é a frecuencia e a habelencia con que se recorre á metáfora á hora de bautizar novos conceptos. Para iso, comézase por identificar un aspecto común -de forma, función ou finalidade- entre un concepto xa existente e un que se acaba de crear, e reaprovéitase a forma que nomeaba o primeiro para bautizar o segundo, facendo xurdir desa forma a metáfora.

Termos como mouse, firewall ou worm son exemplos xa clásicos da aplicación dese procedemento, que despois é calcado en linguas como o galego para chegar a rato, devasa e verme. Pero se hoxe falamos deles é porque queremos fixarnos nun caso menos coñecido, que presenta arestas salientables desde o punto de vista lingüístico: as arquitecturas mestre/escravo.

Esta expresión, avalada explicitamente pola RAG no Digatic, copia o inglés master/slave, nome que alude aos sistemas informáticos ou electrónicos formados por un dispositivo ou proceso (o master) que controla unidireccionalmente  outros (os slaves), de tal forma que o primeiro ordena e xestiona unha serie de tarefas que os segundos simplemente executan. A metáfora que está detrás desa denominación aclárase cando descubrimos que en inglés se lle chama master a quen ten traballando para el serventes ou escravos, e slave ao que era propiedade legal dun master e estaba obrigado a obedecerlle.

Como adoita ocorrer na terminoloxía informática, cando as linguas románicas importaron o concepto calcaron tamén a denominación: así atopamos maître/sclave en francés, maestro/esclavo en castelán, mestre/escravo en portugués e -como xa dixemos- mestre/escravo en galego. Pero o que en francés é un calco coherente, que conserva a metáfora orixinal (maître ten o mesmo significado ca master), deixa de selo en castelán, portugués ou galego. Ao empregar maestro ou mestre, conservouse unha forma semellante á do inglés, pero incorreuse nun falso amigo que destruíu o poder evocador da metáfora orixinal, xa que en ningunha desas tres linguas se coñece con ese nome ao propietario de escravos.

Despois de todo o devandito, queda claro que o uso de mestre parécenos unha mala elección, por moito que veña avalada pola RAG. Moito mellor sería optar por calquera destas dúas alternativas:

  • Restaurar a metáfora empregada en inglés, evitando o falso amigo e recorrendo ás palabras que en galego designan a quen ten persoas como propiedade súa (amo) e a quen é propiedade dese amo (escravo). Falariamos así de tecnoloxías ou arquitecturas amo/escravo.
  • Manter a idea central da metáfora orixinal (unha relación entre dous elementos en que un deles pode ordenar de forma absoluta e o outro está obrigado a obedecer), pero representala a través de figuras máis achegadas á historia social galega do que estivo a escravitude. Neste caso, as relacións de vasalaxe da época feudal ofreceríannos un, ocupando o señor e o vasalo os lugares asignados na expresión inglesa ao master e ao slave, respectivamente.

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Venres, 15 de abril de 2011