Un idioma preciso

185. Precisamos o inglés para compartir vehículos?

Mércores, 20 de setembro de 2017

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

139. Cargar un coche cun enchufe: as "electrolineiras".

Hai uns poucos días a Xunta de Galicia anunciou que esta comunidade ha ser a primeira en regular as infraestruturas e os puntos de recarga destinados aos vehículos eléctricos. Nesa información -que foi rapidamente difundida por diversos medios de comunicación- empregábase o termo electrolineira, que nos parece merecente dunha análise valorativa antes de que se estenda o seu uso e se converta nunha palabra galega de facto.

Con ese nome faise referencia tanto aos puntos que fornecen electricidade para realizar recargas rápidas en vehículos eléctricos como ás infraestruturas que agrupan varios deses puntos, tal e como hoxe fan as estacións de servizo convencionais. Pero a súa presenza en galego parece deberse en boa medida á existencia previa do castelán electrolinera, se temos en conta que as palabras empregadas noutras linguas seguen unha liña totalmente diferente -e bastante paralela- (EN: charging station, FR: borne de recharge, PT: ponto de carregamento, CT: punt de recàrrega).

Por iso, o que para o castelán se louva como unha mostra de creatividade lingüística que evita copiar termos ingleses ou franceses, para o galego é só outro exemplo de castelanismo directo (se interpretamos que electrolineira é unha tradución de electrolinera) ou indirecto (se o entendemos como unha copia do mecanismo empregado en castelán para crear a nova palabra a partir de electricidad e gasolinera).

Pero os problemas que lle atopamos a electrolineira non son só formais, senón tamén conceptuais. Cando esa palabra alude aos puntos en que se realiza a recarga de electricidade, desmóntase o paralelismo que parecía buscarse cos puntos de subministración de hidrocarburos, xa que estes reciben o nome de surtidor, non de gasolineira.

Logo do dito ata aquí, pensamos que debemos evitar o emprego de electrolineira para designar os puntos de recarga de electricidade empregados polos vehículos eléctricos. E iso tanto por razóns formais (evitar a implantación doutro castelanismo máis) como conceptuais (se queremos establecer un palalelismo coa recarga de hidrocarburos, existen mellores alternativas). No seu canto poderíase usar surtidor de electricidade, que vincula este novo dispositivo cos xa existentes nas gasolineiras actuais, ou punto de recarga, que segue mesmo padrón ca as linguas da nosa contorna.

 

XUSTO ALEXANDRE RODRIGUEZ RIO

Venres, 18 de xuño de 2010