Un idioma preciso

184. Argalleiros que melloran o mundo

Venres, 30 de xuño de 2017

183. Un latinismo vivindo na auga doce

Xoves, 08 de xuño de 2017

180. Plantas que ruben, animais que gatean

Xoves, 07 de maio de 2015

179. As razóns da "ratio"

Venres, 27 de febreiro de 2015

178. Depreciación e desvalorización

Mércores, 28 de xaneiro de 2015

177. "Islamita" ou "islamista"?

Venres, 09 de xaneiro de 2015

176. Onde hai patrón...

Martes, 14 de outubro de 2014

175. Gañarémoslle o pulso ao "selfie"?

Mércores, 02 de xullo de 2014

174. Abellóns por control remoto

Mércores, 18 de xuño de 2014

173. A "mariola" non é (só) un xogo.

Martes, 27 de maio de 2014

171. Cócteles de enerxías: "energy mix"

Luns, 24 de marzo de 2014

170. A RAG falla con "fallo".

Venres, 07 de marzo de 2014

168. E Border de que enfermou?

Mércores, 22 de xaneiro de 2014

167. Xogando a converterse en gamos?

Luns, 16 de decembro de 2013

165. Un caso de trasacordos: *entablillar

Venres, 15 de novembro de 2013

164. Os gatos galegos rosman de contentos?

Martes, 29 de outubro de 2013

163. "Baria" ou "baría" no sistema ceguesimal?

Mércores, 26 de xuño de 2013

162. Conformámonos co "achantamento"?

Venres, 31 de maio de 2013

160. Feixes que forman faxinas.

Martes, 02 de abril de 2013

159. Obstáculos para o atletismo

Luns, 11 de marzo de 2013

157. Caudais que non levan auga.

Xoves, 17 de xaneiro de 2013

153. Os "sumilleres", ou ir beber á fonte limpa

Mércores, 14 de decembro de 2011

151. Montes e moreas na memoria dun ordenador

Luns, 19 de setembro de 2011

148. Un "xacemento" en movemento

Mércores, 11 de maio de 2011

143. Precisión ornitolóxica 3: Oxyura

Mércores, 12 de xaneiro de 2011

138. Ordenadores en tabletas

Luns, 31 de maio de 2010

137. Se quito grosor, estou regrosando?

Luns, 15 de marzo de 2010

135. Máquinas que furan gabias: zanxadoras?

Venres, 29 de xaneiro de 2010

132. Trialogando entre tres

Venres, 27 de novembro de 2009

131. Unha planta mediática... por canto tempo?

Martes, 10 de novembro de 2009

130. Ofertas e demandas elásticas

Venres, 16 de outubro de 2009

137. Se quito grosor, estou regrosando?

 

Unha das operacións de carpintaría que se poden realizar sobre unha peza de madeira consiste en reducir o seu grosor empregando unha máquina dotada dun eixe rotatorio no que se montan unhas coitelas que van eliminando o estrato superior desa peza a medida que esta vai entrando en contacto con elas. Tendo en conta a descrición que acabamos de facer sorprende que o nome en galego non veñamos referindo a ela como regrosar e como regrosadora á máquina que permite realizala.

 

E dicimos que parece sorprendente porque en calquera das dúas denominacións o prefixo re- parece transmitir un valor de 'separación' ou 'eliminación' que se contradí cos que as gramáticas galegas lle outorgan, fundamentalmente iterativo (reproducir, reler, retransmitir...) ou apreciativo/intensificador (remirar, remollar...), se temos en conta que como resultado da operación antes indicada a táboa non gaña grosor, senón que o perde.

 

Case seguro que a presenza desta denominación en galego pode explicarse pola existencia do castelán regruesar. Pero o que nesa lingua pode ter unha xustificación interna (o regruesar castelán parece partir do substantivo regrueso, que designa unha táboa de madeira de grosor que oscila entre os 4 e os 10 milímetros e de lonxitude e largura variable) en galego parece ser un simple castelanismo, xa que non se atopa o *regroso que permitiría xustificar o proceso coma unha autónomo do galego.

 

Esta impresión vese reforzada polo feito de que só o catalán opte por unha forma moi semellante (regruixar), mentres que portugués (desengrossar), inglés (to thickness) ou francés (raboter) empregan alternativas totalmente diferentes.

 

Que a denominación *regrosar sexa pouco transparente, estea influída polo castelán e non harmonice coas linguas veciñas quitada esta última, dános argumentos abondos para propoñer e recomendar a adopción dunha forma alternativa que, como mínimo, evite algún deses inconvenientes.

 

Na nosa opinión, desengrosar (ou a súa variante desgrosar) cumpre con bastantes desas condicións. Por unha parte, permite unha relación máis transparente e intuitiva entre a denominación e o concepto que nomea; amais foxe da dependencia do castelán e concorda coa forma elixida polo portugués; e por último parece conectarse cunha ferramenta tradicional (o desengrosador) que realizaba unha función moi semellante.

E, aceptada esta premisa, a máquina que realiza ese labor debería recibir o nome de desengrosadeira (EN: thickness planer ou  thicknesser; ES: regruesadora; PT: desengrossadeira).

 

XUSTO A. RODRIGUEZ RIO

Luns, 15 de marzo de 2010